IGUALDADE
Compostela celebra a diversidade con actividades festivas e reivindicativas polo Orgullo 2018
A praza 8 de Marzo e o Matadoiro acollerán, os días 22 e 23 de xuño, unha chea de actividades de carácter festivo e reivindicativo para celebrar o Orgullo 2018 "e lembrar que somos unha cidade diversa", segundo destacou na rolda de prensa de presentación o evento a concelleira de Igualdade, Marta Lois. A edila estivo acompañada de Xabier Caruncho, de Arelas; Daniela Ferrández, de AmiZando, e Xandre Garrido, de Avante.
DEPORTE
Centos de deportistas reuniranse este sábado en Área Central no IV Día do Deporte Solidario
Centos de deportistas daranse cita este sábado 9 de xuño en Área Central na cuarta edición do Día do Deporte Solidario, un evento que concentra durante toda a xornada a centos de deportistas dos diferentes clubs e entidades deportivas da cidade e comarca.
XUNTA DE GOBERNO
Adxudicadas as obras de reurbanización de Castrón Douro e Patio de Madres
A Xunta de Goberno adxudicou este venres o contrato das obras de reurbanización das rúas Castrón Douro e Patio de Madres, unha das actuacións incluídas no programa ReVive Santiago. A actuación custará 1,1 millóns de euros, procedentes de fondos europeos vinculados á EDUSI. Dela encargarase a empresa Alcomte Galicia.
ACCIÓN CULTURAL
Música, presentacións e múltiples actividades para a rapazada, na penúltima xornada da SELIC
A II Semana do Libro de Compostela retoma este sábado o horario estendido de 11:00 a 21:00 horas. Coa apertura das portas da carpa da Quintana, arranca a sesión do Club de Lectura Aberto arredor de Culpable, o poemario polo que a escritora ordense Eli Ríos gañou o Premio López Abrente de poesía.
CENTROS CÍVICOS
Segunda entrega este sábado de "Cousas de Conxo contadas polos de Conxo"
Mañá sábado, 9 de xuño, celebrarase a segunda sesión de encontro "Cousas de Conxo contadas polos de Conxo". Unha nova oportunidade para coñecer de primeira man as historias que forman parte da identidade de Conxo, contadas polos seus veciños e veciñas de máis idade. A cita é ás 18:00 horas no Centro Sociocultural "Aurelio Aguirre" de Conxo.
POLÍTICAS SOCIAIS
O programa "Compostela Máis" chegou a preto de 800 persoas dende a súa implantación
Esta semana celebrouse unha nova xuntanza da Comisión Mixta de seguimento da Ordenanza de Garantía Básica Cidadá Compostela Máis, na que participa persoal técnico e político do Concello. Na xuntanza deuse conta do estado de situación das rendas municipais e das prestacións de rescate social a 1 de xuño deste ano.
DEPORTE
Santiago será sede da Supercopa Endesa 2018
O vindeiro xoves 14 de xuño asinarase o acordo para a celebración da Supercopa Endesa 2018 en Santiago de Compostela. Monbus Obradoiro (anfitrión), FC Barcelona Lassa (campión da Copa do Rei), Real Madrid (campión da Euroliga) e Kirolbet Baskonia (clasificado a través da Liga Endesa) competirán polo título no torneo inaugural da próxima temporada 2018-19
XUNTA DE GOBERNO
O Goberno local destinará preto de medio millón de euros á mellora do céspede de Santa Isabel
A Xunta de Goberno adxudicou este venres as obras de renovación e ampliación do céspede sintético e do sistema de rega do campo de fútbol de Santa Isabel á UTE formada por Francisco Gómez y Cia e Calfensa Proyectos SL. A, actuación suporá un investimento de 435.000 euros.
ALCALDÍA
O poeta Antonio Gamoneda descobre a cuarta pedra do Xardín das Pedras que Falan
O poeta asturiano Antonio Gamoneda descubriu esta tarde unha nova peza do "Xardín das Pedras que Falan", na que se poden ler uns versos da súa autoría. A súa é a cuarta pedra, despois das que serviron para inaugurar o proxecto, con letras de Rosalía de Castro, Seamus Heaney e Luz Pozo Garza.