XUNTA DE GOBERNO
O Goberno local pon en marcha un novo proxecto europeo para avaliar a calidade do aire
A Xunta de Goberno deu conta hoxe da participación de Santiago no proxecto europeo TRAFAIR, que ten como obxectivo desenvolver servizos innovadores e sostibles que combinen datos de calidade do aire, condicións climáticas e fluxos de tráfico.
MEDIO AMBIENTE
Expertos e expertas de dez países debaten en Santiago sobre a educación para o cambio climático
O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, participou na inauguración do IV Seminario Internacional Resclima, que se celebra este venres e mañá xoves no Auditorio de Galicia. Este foro está organizado polo Grupo de Investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental da Universidade de Santiago e pola Rede Internacional de Pesquisadores em Educaçao Ambiental e Justiça Climática (REAJA), e conta coa colaboración do Concello de Santiago.
DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
Compostela lidera un proxecto europeo que permitirá a creación dun observatorio do turismo
A concelleira de Igualdade, Promoción Económica e Turismo, Marta Lois, deu conta esta mañá dun novo proxecto europeo no que participará o Concello de Santiago, liderando un grupo de 8 entidades europeas.
POLÍTICAS SOCIAIS
O Concello conmemora con Sarela o Día do Dano Cerebral Adquirido
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un acto para conmemorar o Día do Dano Cerebral Adquirido, que dende o ano 2007 se celebra cada 26 de outubro. Este día resposta a unha vella reivindicación do movemento asociativo manifestada no III Congreso do Dano Cerebral, celebrado en Pamplona en 2006, co fin de mobilizar a sociedade e implicala na prevención deste tipo de lesións.
PATRIMONIO
O proxecto Smartiago, analizado en Tarragona na xornada Smart Heritage City
Preto de 150 participantes e cinco mesas de traballo foron as cifras da primeira Xornada Internacional TGN Smart Heritage City, celebrada en Tarragona, con relatores chegados de todos os puntos do pais, e que mostraron iniciativas, propostas e realidades de cidades que usan o concepto Smart e aplícano no seu patrimonio cultural. Santiago de Compostela estivo presente co seu proxecto Smartiago, que foi explicado polo xefe da Oficina de Proxectos e Infraestruturas do Consorcio, Xosé Allegue.
CONSORCIO
O Consorcio remata as obras de reparación das cubertas do Auditorio de Galicia
O Consorcio de Santiago acaba de rematar as obras de reparación das cubertas do Auditorio de Galicia, por un importe global de 356.950 €. A empresa responsable desta intervención foi Rehabita, Gestión Integral de Rehabilitaciones y Restauración, S.L.
ALCALDÍA
O alcalde participa no encontro de apertura dunha nova edición do programa "A ponte entre o ensino medio e a USC"
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asistiu este venres no Pazo de Fonseca a unha xuntanza entre equipos directivos e de orientación de máis dun cento de centros de ensino medio de toda Galicia e responsables da USC, na que se trataron cuestións de interese para o alumnado que cursa o derradeiro ano de ensino secundario. Este encontro marca o inicio dunha nova edición do programa "A ponte entre o ensino medio e a USC".
TURISMO
Santiago de Compostela promociónase como destino de congresos no Iberian Mice
O Santiago de Compostela Convention Bureau (SCCB), servizo de Turismo de Santiago para a promoción como destino de Congresos, Xornadas e Incentivos, participa entre o 25 e o 27 de outubro no Iberian Mice, que se celebra en Braga.
CONVIVENCIA
Trece policías locais de Santiago reciben a distinción de honra ao corpo da Policía Local de Galicia
Un total de 13 policías locais de Santiago recibiron este mediodía as distincións de honra ao corpo da Policía Local de Galicia, coas que se recoñecen as súas traxectorias de máis de 25 anos. Foi nun acto celebrado na Academia Galega de Seguridade, e ao que asistiu o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro.