IGUALDADE
Minuto de silencio no Obradoiro pola última vítima da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu unha concentración para condenar o último asasinato machista, que deixou este domingo unha vítima en Tarragona.
TURISMO
Santiago acollerá o II Encontro Internacional de Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou no Pazo de Raxoi o segundo Encontro Internacional de Arqueoloxía e Ciencias de Antigüidade. A concelleira estivo acompañada por Rebeca Cordeiro e Alia Vázquez, representantes da Asociación Cultural de Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade (Arcian), entidade organizadora do Encontro.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Catro solistas da Escola Municipal de Música participaron en Vilagarcía na V Mostra Musical do Eixo Atlántico
O Auditorio de Vilagarcía acolleu esta fin de semana a V Mostra Musical do Eixo Atlántico, na que participaron 198 estudantes de escolas municipais de música e conservatorios de 19 cidades de Galicia e Portugal integradas na Eurorrexión. A edición de 2016 rendeu homenaxe ao compositor luso Eurico Carrapatoso, quen participou na cerimonia de entrega de premios e fixo un recoñecemento a esta iniciativa e un canto ao incremento das relacións entre as cidades de Galicia e de Portugal arredor de tantos sinais de identidade compartidos, nomeadamente...
IGUALDADE
O programa Verán CampUSC 2016 fomentará a igualdade de xénero en Compostela
O Concello de Santiago, a través da Concellaría de Igualdade, colabora por primeira vez coa Fundación USC Deportiva e a Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social da USC co programa Verán CampUSC 2016, concibido como unha actividade deportiva, cultural, socioeducativa e de lecer, desenvolvida no período de verán, que permitirá a pais e nais traballadores da USC conciliar a vida laboral e familiar neste período, así como aquelas persoas que aínda non tendo vinculación coa comunidade...