EQUILIBRIO TERRITORIAL E CONVIVENCIA
Comezan as reparacións de fochancas na Pastoriza e en Lamas de Abade
Tal e como anunciara o Goberno local, esta mañá comezaron as obras de reparación das fochancas máis graves do termo municipal, aquelas que aparecen recollidas nun informe elaborado pola Policía Local que acredita que poñen en risco a seguridade viaria. Os traballos empezaron en Lamas de Abade e Pastoriza, a cargo da empresa Joscon.
ACCIÓN CULTURAL
Matarile Teatro celebra o seu 30º aniversario coa representación de tres dos seus espectáculos no Teatro Principal
A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, presentou esta mañá na Casa do Concello xunto a Ana Vallés e Baltasar Patiño, de Matarile Teatro, a programación coa que a compañía celebrará en Santiago de Compostela o seu 30º aniversario. Será a través da representación no Teatro Principal de tres dos seus espectáculos: Teatro invisible, Staying alive e El cuello de la jirafa.
DEPORTE
A Copa do Rei de baloncesto estará exposta en Santiago os días 9, 10 e 11 de febreiro
Os afeccionados e afeccionadas ao baloncesto e ao Rio Natura Monbus Obradoiro poderán visitar e fotografarse coa Copa do Rei, que estará exposta durante tres días en Santiago.
FESTAS
Carrozas, comparsas e charangas encherán de música e cor as rúas de Santiago de Compostela no desfile do martes de Entroido
O desfile do martes de Entroido contará mañá martes coa participación de 15 comparsas, 7 carrozas, 8 grupos, 7 parellas e 16 persoas a título individual, que percorrerán as rúas de Santiago para facerse co premio ao mellor disfrace.