EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Unha festa no CEIP Raíña Fabiola clausurou o Programa de Conciliación do Nadal

05/01/2016

O Programa Municipal de Conciliación Nadal 2015 clausurouse cunha festa no CEIP Raíña Fabiola, un dos centros, xunto ao CEIP As Fontiñas, onde se desenvolveron as diferentes actividades durante estas datas festivas. Ao longo destes días, participaron no programa 76 nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos (41 no CEIP Raíña Fabiola e 35 no CEIP As Fontiñas), dos que 38 utilizaron o servizo de comedor e 11 o servizo de madrugadores.

Ler máis

ALCALDÍA

Lembrando a Xosé Neira Vilas cando se cumpren 55 anos da publicación de "Memorias dun neno labrego"

05/01/2016

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, sumouse na Cidade da Cultura ao acto de homenaxe ao escritor Xosé Neira Vilas, na data na que se cumpren 55 anos dende a publicación de Memorias dun neno labrego, novela que foi publicada en Arxentina en 1961 pola editorial Follas Novas e que, a día de hoxe, é considerada a novela más lida e traducida das letras galegas.

Ler máis

COMERCIO

A tenda Como Pez en el Agua gaña o Concurso de Ambientación de Nadal

05/01/2016

O Concello de Santiago convocou outra edición do Concurso de Ambientación de Nadal, dirixido a establecementos comerciais e hostaleiros co ánimo de visibilizar o atractivo da nosa cidade nunhas datas tan salientables como as de Nadal. A gañadora foi Leonor Díaz González, propietaria da tenda Como Pez en el Agua, situada na rúa de San Pedro. O premio está dotado con 450 euros.

Ler máis

NADAL

A Cabalgata de Reis encheu Compostela de música, ilusións e bos desexos

05/01/2016

As rúas de Santiago de Compostela acolleron a tradicional Cabalgata de Reis, este ano máis participativa e musical que nunca. Como cada Nadal, Melchor, Gaspar e Baltasar chegaron á cidade en tren. Na estación e logo tamén no Pazo de Raxoi, foron recibidos polo alcalde, Martiño Noriega, e outros membros da Corporación.

Ler máis
Compartir: