EDUCACIÓN E CIDADANÍA
A piques de rematar as obras de ampliación do CEIP de Roxos-Villestro
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, visitou o CEIP de Roxos-Villestro para interesarse pola situación das obras de ampliación do centro, a cargo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
TURISMO
O Entroido dos Xenerais da Ulla comeza esta fin de semana en Santiago con atranques nas parroquias de Marrozos e Angrois
O Entroido dos Xenerais da Ulla, declarado Festa de Interese Turístico de Galicia, comeza esta fin de semana en Santiago con dous atranques que terán lugar en Marrozos e en Angrois. En Marrozos, o atranque será o sábado, ás 19:00 horas, no campo da festa. En Angrois será o domingo, no Campo da Festa de Soutiño, tamén as 19:00 horas.
ALCALDÍA
Martiño Noriega participa cos nenos e nenas das escolas infantís municipais da celebración do Día da Non Violencia e a Paz
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, acudiu esta mañá á Escola Infantil Municipal de Meixonfrío-Salgueiriños para participar cos nenos e nenas dos actos polo Día Escolar da Non Violencia e a Paz.
XUNTA DE GOBERNO
Prorrogado por seis meses o contrato con Setex Aparkisa, mentres se estuda a municipalización da ORA
A Xunta de Goberno aprobou hoxe a prórroga, por un período máximo de seis meses, do contrato con Setex Aparkisa S.A. para a xestión dos servizos de ordenación, regulación e aparcamento na vía pública; e a retirada, traslado e depósito de vehículos. É a segunda prórroga deste contrato, despois da aprobada hai tres meses, cando se tivo coñecemento da sentenza xudicial que anulaba a concesión da grúa e a ORA.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Concerto da Escola Municipal de Música no Programa Universitario de Maiores da USC
Este venres 29 de xaneiro, ás 19:00 horas, a igrexa da Universidade acollerá a primeira das propostas educativas e culturais acordadas entre o Concello e a USC para que o alumnado do IV Ciclo da USC poida participar ao longo deste curso escolar na programación da Escola Municipal de Música. Será un concerto no acto de apertura do segundo trimestre do Programa Universitario de Maiores da USC.