ALCALDÍA
A Asociación de Municipios do Camiño prepárase para o Ano Santo de 2021
O alcalde recibiu esta mañá a membros da Asociación de Municipios do Camiño de Santiago, para deseñar as estratexias de colaboración de cara o Ano Santo de 2021. Na xuntanza con Martiño Noriega participaron o secretario técnico da asociación, Ernesto Gómez, e o xerente da Secretaría Técnica, Víctor López. Desta entidade forman parte máis de 80 municipios do Camiño Francés.
IGUALDADE
Minuto de silencio polas últimas vítimas mortais da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu un minuto de silencio para condenar os últimos asasinatos machistas, que deixaron esta fin de semana tres vítimas en Madrid, Felgueras (Asturias) e Lepe (Huelva).
POLÍTICAS SOCIAIS
Aberto ata o 19 de xullo o prazo para solicitar as axudas do "bonotaxi"
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidades, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, deu conta hoxe dos detalles da convocatoria de axudas do "bonotaxi", que o Goberno local pon en marcha por segundo ano consecutivo.
DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
A Plataforma polo Emprego, anfitrioa este xoves do segundo Batido Sinérxico da Economía Social
O pasado 14 de xuño comezaban na sede da cooperativa Miraxe os Batidos Sinérxicos de Economía Social, unha aposta do Concello de Santiago coa que se quere deseñar ferramentas e accións vinculadas á promoción da economía social na cidade.
POLÍTICAS SOCIAIS
A concelleira de Políticas Sociais reúnese co Colexio Oficial de Graduados e Graduadas Sociais da Coruña
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, recibiu esta mañá o equipo directivo do Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña. Na xuntanza estiveron presentes a súa presidenta, Susana Soneira, e os vicepresidentes da entidade, Alejandro Pérez e Jesús Vazquez.