XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno adxudica obras por un importe total de máis de 725.000 euros
A Xunta de Goberno adxudicou hoxe varias obras, que suporán un investimento total de máis de 725.000 euros en diferentes puntos da cidade nos próximos meses. Entre esas actuacións figuran as reparacións de rúas como Bispo Diego Peláez ou Espírito Santo, que presentan un importante deterioro e tamén problemas de accesibilidade.
TURISMO
Arrinca a campaña de concienciación sobre os pisos turísticos cunha acción de rúa no Obradoiro
A praza do Obradoiro acolleu esta mañá unha acción de rúa para visibilizar e concienciar a veciñanza e a turistas sobre a proliferación dos pisos turísticos ilegais. Trátase dunha campaña de comunicación realizada en colaboración e coordinación cos concellos de Barcelona e Sevilla, que contan cunha problemática semellante á compostelá.
ALCALDÍA
Martiño Noriega: "Despois dunha década, por fin empeza a ver a luz a estación intermodal"
O alcalde expresou hoxe a súa satisfacción porque hoxe "comece a facerse realidade unha demanda histórica de Santiago: a estación intermodal". Foi durante o acto oficial de inicio das obras de construción da nova estación de autobuses, que estivo presidido por Alberto Núñez Feijóo.
XUNTA DE GOBERNO
O Goberno local investirá 130.000 euros na mellora da rúa das Cancelas
A Xunta de Goberno adxudicou hoxe as obras de reurbanización do tramo da rúa das Cancelas, no contorno da subestación eléctrica. A actuación suporá un investimento de 130.000 euros. A empresa Excavaciones Midón encargarase dos traballos, que teñen un prazo de execución de 45 días.
XUNTA DE GOBERNO
Luz verde á modificación provisional das ordenanzas de ruídos e terrazas
A Xunta de Goberno acordou hoxe modificar a ordenanza municipal reguladora da emisión e recepción de ruídos, vibracións e condicións dos locais, así como a ordenanza reguladora da tramitación das licenzas urbanísticas. Trátase dunha actualización para a adaptación de ambas normativas á nova Lei de Espectáculos Públicos e Actividades Recreativas de Galicia, que entrou en vigor o pasado dous de xullo. A modificación da ordenanza terá que someterse a aprobación inicial do Pleno...
FACENDA
Amplíase o prazo para presentar propostas aos Orzamentos Participativos ata o luns 16 de xullo
Para facilitar a participación de todas as persoas que o desexen, amplíase dez días o prazo de presentación de propostas dos Orzamentos participativos Compostela Decide, que remataba onte venres. O incremento da participación nos últimos días levou a tomar esta medida para poder analizar todas as propostas presentadas e permitir que aquelas persoas que non o fixeron antes ou que precisan replantexar a súa idea para que a súa proposta sexa aceptada no proceso o poidan facer e pasar así ás fases seguintes...
ALCALDÍA
A veciñanza de Salgueiriños, Meixonfrío e Cancelas participa nun novo encontro "Ao vivo"
A veciñanza dos barrios de Salgueiriños, Meixonfrío e Cancelas participou hoxe nun novo encontro Ao vivo, celebrado na Casa das Asociacións de Benestar Social. A limpeza dos espazos públicos, o mantemento da rede viaria e o futuro da estrutura do parque comarcal de bombeiros foron algúns dos asuntos abordados na reunión desta tarde.