XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno Local aproba as bases da convocatoria de subvencións destinadas ás asociacións veciñais cunha contía de 98.000 euros

03/07/2023

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe as bases da convocatoria de subvencións dirixidas ás asociacións veciñais de Santiago de Compostela para o desenvolvemento de programas e actividades de interese xeral. Estas axudas contan cun orzamento de 98.000 euros. Tamés se deu luz verde a un convenio por importe de 60.000 euros coa Cocina Económica de Santiago e outros dous convenios por valor total de 30.000 euros co Club Triatlón Santiago e coa Federación Galega de Baloncesto.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

O executivo local adxudica obras por un importe global de máis de 1,3 millóns de euros

03/07/2023

A Xunta de Goberno local acordou esta mañá a adxudicación do contrato para a reurbanización da rúa García Lorca por un importe de 920.301,92 euros; das obras para a execución das dúas actuacións de "Pavimentación do lugar de Coira (Laraño)" e da "Pavimentación do lugar de Aradas (A Peregrina)", ambas financiadas con cargo ao POS+, por un importe de 122.414,02 € e 139.225,78 €, respectivamente. O contrato para a construción "Espazo interxeneracional no barrio de Sar" foi...

Ler máis

MEDIO AMBIENTE

O proxecto "Entre Sar e Sarela" recibe máis de 3,6 millóns da Fundación Biodioversidad para consolidar o anel verde de Santiago e realizar outras intervencións medioambientais

30/06/2023

O proxecto "Entre Sar e Sarela" recibirá unha axuda de 3.613.586,17 euros a través da convocatoria da Fundación Biodiversidad para fomentar actuacións de renaturalización e resiliencia de cidades españolas, lanzada no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e financiada polos fondos europeos NextGenerationEU. Este proxecto, presentado de maneira conxunta polo Concello de Santiago e a USC, recolle actuacións en diferentes zonas da cidade como o barrio de Pontepedriña, o Xardín...

Ler máis

CENTROS SOCIOCULTURAIS

O vindeiro luns arrancan múltiples actividades no marco do programa 'Vive o verán' que organiza a Rede de CSC de Santiago

30/06/2023

Un total de 350 cativos e cativas participarán nas distintas quendas das 'Cativadas de verán' que comenzan a partir do vindeiro luns nos CSC de Vite, Ensanche, Castiñeiriño, Pontepedriña, Santa Marta e nas parroquias de Laraño, Figueiras, Nemenzo, A Gracia, Bando, Lavacolla e Marrozos. A próxima semana tamén arrancan os "Clubs de Verán", as actividades ao aire libre e os espectáculos de verán que percorrerán varios espazos da cidade.

Ler máis

EDUCACIÓN

'La visita', das autoras catalás Núria Figueras e Anna Font, gaña o XVI Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado

29/06/2023

As autoras catalás Núria Figueras e Anna Font son as gañadoras do XVI Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado cun proxecto titulado 'La visita'. A obra 'Tarde de sapo' de Maite Mutuberria Larrayoz alzouse como finalista e 'Vent', de Gerard Sancho Novell, recibiu unha mención do xurado. Organizado polo Concello de Santiago e a editorial KALANDRAKA, este premio ten unha dotación económica de 9.000 euros e conleva a publicación da obra gañadora en galego, catalán, éuscaro,...

Ler máis
Compartir: