MERCADOS

O Mercado de Abastos acolle un espazo con catas e degustacións para a promoción de produtos galegos

08/09/2023

O Clúster Alimentario de Galicia, coa participación de once empresas socias, inaugura o vindeiro martes un espazo de promoción conxunta na Nave 6 do Mercado de Abastos de Santiago, que poderá visitarse ata o 19 de setembro. O obxectivo desta acción promocional que conta co apoio do Concello de Santiago, é dar a coñecer os produtos destas empresas galegas entre profesionais da hostalaría, consumidores habituais e turistas.

Ler máis

DEREITOS E SERVIZOS SOCIAIS

A AECC e o Concello de Santiago presentan a segunda edición da andaina solidaria contra o cancro

07/09/2023

A AECC Santiago co apoio do Concello pon en marcha, por segundo ano consecutivo, a andaina En Marcha Contra o Cancro que terá lugar o 23 de setembro na Alameda a partir das 10:00 horas. No mesmo espazo tamén se celebrará a feira divulgativa Ciencia para todos para conmemorar o Día Mundial da Investigación Contra o Cancro. As persoas interesadas poderán inscribirse ata o 22 de setembro e todos os fondos recadados destinaranse a apoiar a investigación en cancro e os pacientes e as súas familias.

Ler máis

PROMOCIÓN ECONÓMICA

A Axenda Urbana de Santiago organiza un novo Encontro Emprendedor arredor do proxecto El Camino ESS

07/09/2023

A oitava cita desde ciclo abordará o tema do turismo sostible e responsable cos territorios e as persoas, nunha sesión que terá lugar vindeiro 19 de setembro ás 10h no Espazo galego da Creatividade. Os Encontros Emprendedores presentan iniciativas innovadoras en liña cos eixos da Axenda Urbana 2030, que dan resposta aos retos identificados pola cidadanía de cara aos vindeiros anos. A inscrición é gratuita e aberta a todas as persoas interesadas.

Ler máis

ALCALDÍA

A alcaldesa aborda co rexedor de Ames os asuntos de interese para ambos municipios

06/09/2023

Goretti Sanmartín e Blas García mantiveron un primeiro encontro institucional esta mañá no Pazo de Raxoi para abordar os asuntos que afectan á veciñanza de ambos municipios como a depuradora da Silvouta, o parque comarcal de bombeiros ou a senda que unirá Santiago co Milladoiro. Na xuntanza tamén participaron o concelleiro de Mobilidade, Xan Duro; a concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao, así como edís do Concello de Ames.

Ler máis

DEREITOS E SERVIZOS SOCIAIS

A Plataforma por Empresas Responsables reivindica en Santiago unha economía global xusta e sostible, coincidindo co I Encontro de Ministros de Economía da UE, Latinoamérica e Caribe

06/09/2023

A Plataforma por Empresas Responsables (PER) celebrará os próximos días 13 e 14 en Santiago as xornadas "Por unha Economía Global Xusta e Sostible", coincidindo co primeiro Encontro de Ministros e Ministras de Economía e de Finanzas da UE, Latinoamérica e Caribe, que se celebrará na nosa cidade os próximos días 15 e 16, enmarcado na axenda da Presidencia española do Consello da Unión Europea. A primeira tenenta de alcaldesa e concelleira de Dereitos Sociais, María Rozas, presentou hoxe o foro,...

Ler máis
Compartir: