CIDADES PATRIMONIO
Este sábado volve a Noite do Patrimonio a Compostela con espectáculos, roteiros e visitas a edificios emblemáticos da cidade
Este sábado, 16 de setembro, veciñanza e visitantes terán unha cita coa Noite do Patrimonio, que presenta un amplo programa de actividades co que poñer en valor a riqueza arquitectónica e cultural de Santiago. Este evento desenvolverase de xeito simultáneo nas 15 vilas que forman parte do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, entre as que se atopa Compostela.
DEPORTES
Fontiñas acolle a I edición do Torneo Cidade de Santiago de baloncesto en Cadeira de Rodas
A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, presentou esta mañá a I edición do Torneo Cidade de Santiago en Cadeira de Rodas, que organizan o Instituto Rosalía – FEDESA co apoio do Concello de Santiago. Este torneo desenvolverase este sábado 16 de setembro no pavillón municipal de Fontiñas con entrada de balde ata completar aforo.
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia leva a música clásica aos barrios composteláns
Ofrecerá tres concertos esta semana na igrexa de Conxo, no Centro Comercial Área Central de Fontiñas e no Centro Cultural de Santa Marta
IGUALDADE
O Concello pon en marcha o Protocolo para a Abordaxe das Violencias Sexuais e LGTBIfóbicas en Espazos de Ocio Nocturno
A alcaldesa Goretti Sanmartín, acompañada polo concelleiro de Convivencia, Xan Duro, mantivo un encontro deliberativo para darlle o visto e prace e pór en marcha o Protocolo para a Abordaxe das Violencias Sexuais e LGTBIfóbicas en Espazos de Ocio Nocturno do Concello de Santiago de Compostela. Esta reunión de traballo contou cunha grande asistencia e participación por parte de asociacións de hostalaría, forzas e corpos de seguranza, representación das mulleres e do colectivo LGTBI; representantes de colexios profesionais, do...
CAPITAL CULTURAL
Tres estreas mundiais e dezasete estatais daranse cita na sétima edición do WOS Festival x SON Estrella Galicia, que comeza este xoves en Santiago
Actress, Laurel Halo, Midori Takara, DJRUM, Lee Gamble, Croatian Amor ou Loraine James son os pratos fortes dun festival que se celebrará do 14 ao 17 de setembro en nove espazos da cidade. A escena galega terá unha presenza relevante tanto no cartel coma no encontro interxeracional nomeado O son electrónico de Galicia, ao que están convidados medio centro de colectivos, djs, promotores e artistas. Os últimos abonos e entradas de día dispoñibles para o WOS 2023 pódense adquirir a través do web oficial wosfestival.es.
IGUALDADE
Minuto de silencio polas últimas vítimas mortais de violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio polas dúas mulleres asasinadas o 3 de setembro na provincia de Girona e o 10 de setembro na provincia de Granada, vítimas de violencia machista.
EDUCACIÓN
Máis de 16.000 nenos e nenas inician curso escolar en Compostela
Con motivo do inicio do curso, a alcaldesa, Goretti Sanmartín, e a concelleira de Educación, Míriam Louzao, visitaron esta mañá o Colexio de Educación Infantil e Primaria Quiroga Palacios e a Escola de Educación Infantil do Gaioso, acompañadas polos membros das directivas dos centros e das ANPAS. Hoxe tamén arrancan os servizos de comedor e madrugadores que ofrece o Concello aos máis de 1.100 inscritos e inscritas.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno local aproba a concesión de subvencións para as asociacións veciñais por máis de 86.000 euros
A Xunta de Goberno deu hoxe luz verde a 32 subvencións por unha contía total de 86.924,42 euros dirixidas a asociacións veciñais da cidade para o desenvolvemento de programas e actividades de interese xeral. Na sesión ordinaria desta mañá tamén se aprobaron dous proxectos para levar a cabo as obras de mellora e acondicionamento dos locais socioculturais de Enfesta e Villestro, cun orzamento total de 182.120,69 euros, ao abeiro do plan POS+ 2021 da Deputación de Coruña.
DEREITOS E SERVIZOS SOCIAIS
Resolta a convocatoria de bolsas de comedor, actividades extraescolares e material, con preto de 1.500 axudas concedidas
A concellería de Dereitos e Servizos Sociais vén de aprobar a concesión dun total de 1.451 axudas na convocatoria de bolsas de comedor, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares para o curso 2023-2024. A estas axudas destínase un orzamento total de 795.000 euros.
DEPORTES
O Pazo de Raxoi acolle a presentación de Artem Pustovyi, a nova fichaxe do Monbus Obradoiro
Monbus Obradoiro continuou coas presentacións das incorporacións que realizou para a tempada 2023-2024. Artem Pustovyi, que xogou no Barça, Dreamland Gran Canaria e UCAM Murcia, regresa ao que foi a súa casa durante tres anos. Na sala de prensa do Concello de Santiago ofreceu as súas primeiras palabras nesta segunda etapa como obreiro nunha rolda de prensa que contou coa presenza da concelleira de Deportes, Pilar Luieiro.