SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL

Activado o plan de renovación de illas soterradas de residuos

15/09/2023

Este verán procedeuse á renovación de 15 illas soterradas de recollida selectiva de residuos de vidro, papel e envases. Ademais, incorporaranse colectores específicos en superficie para a fracción orgánica de residuos sólidos urbanos (FORSU), a carón deles, para evitar os problemas de lixiviados que deterioraban o sistema hidráulico. Con esta intervención, facilítaselle o depósito de residuos á veciñanza e, ao mesmo tempo, axilízase o mecanismo de funcionamento.

Ler máis

PROMOCIÓN ECONÓMICA

O Concello impulsa un programa de dinamización económica nos barrios periféricos, baixo o lema "Vitamina B de Barrio"

14/09/2023

A Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude pon en marcha Vitamina B de Barrio unha iniciativa da acción "Aposta por ti, aposta polo teu Barrio" da EDUSI REVIVE de Santiago de Compostela, coa que o Concello de Santiago pretende traballar as competencias emprendedoras nos ámbitos identificados como prioritarios para o desenvolvemento económico do concello.

Ler máis

XUVENTUDE

Sete grupos residentes dos locais de ensaio do Centro Xove mostrarán o seu talento no II Festival Lanzadeira CX

14/09/2023

A praza 8 de Marzo acollerá o próximo sábado o II Festival Lanzadeira CX, un concerto que tén como obxectivo darlle visibilidade ás bandas residentes dos locais municipais de ensaio do Centro Xove da Almáciga. A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, presentou o cartaz, do que forman parte sete grupos "integrados por xente moi nova, de estilos diversos, e todos eles cun enorme potencial". María Rozas estivo acompañada polo docente responsable do Lanzadeira, Guillermo Vistoso.

Ler máis

CIDADES PATRIMONIO

Este sábado volve a Noite do Patrimonio a Compostela con espectáculos, roteiros e visitas a edificios emblemáticos da cidade

13/09/2023

Este sábado, 16 de setembro, veciñanza e visitantes terán unha cita coa Noite do Patrimonio, que presenta un amplo programa de actividades co que poñer en valor a riqueza arquitectónica e cultural de Santiago. Este evento desenvolverase de xeito simultáneo nas 15 vilas que forman parte do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, entre as que se atopa Compostela.

Ler máis
Compartir: