CONSORCIO
A alcaldesa preside a xuntanza ordinaria da Comisión Executiva do Consorcio
O Consorcio de Santiago celebrou este martes na súa sede do Pazo de Vaamonde unha reunión ordinaria da súa Comisión Executiva.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal de violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio pola muller asasinada o pasado 24 de setembro en Madrid, vítima de violencia machista.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
O cooperativismo, motor para o emprendemento feminino
A Xornada "Somos mulleres, somos emprendedoras, somos economía social", que achega o traballo de cooperativas de EspazoCoop formadas por mulleres, foi inaugurada esta mañá pola concelleira de Promoción Económica, María Rozas, e a presidenta de EspazoCoop, Ana Olveira.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno dá luz verde a actuacións no rural por máis de 300.000 euros e concede a licenza para a rehabilitación do CEGADI
A Xunta de Goberno local deu o visto bo á participación do Concello na segunda fase do POS da Deputación da Coruña, que suporá o investimento de máis 326.000 euros nas parroquias de Laraño, Bando e Enfesta. O executivo tamén aprobou os proxectos das obras de mellora da accesibilidade no cruzamento entre as rúas Xeneral Pardiñas e República do Salvador e de construción dun aparcadoiro na rúa Santa Comba, así como o inicio do expediente para a contratación das obras de reurbanización...
ALCALDÍA
O estudo encargado polo Concello cifra en 8,6 millóns o custo da capitalidade para Santiago
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, deu conta en rolda de prensa do estudo encargado polo Concello para actualizar o que lle supón a Santiago ser a capital galega e que cifra os devanditos custos en 8.634.310,04 euros.
DEPORTES
Santiago acollerá a XXXVI edición da Copa Galicia Sénior Feminina de baloncesto esta fin de semana
A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, presentou en rolda de prensa a XXXVI edición da Copa Galicia Sénior Feminina que se celebrará no pavillón de Santa Isabel do venres 29 de setembro ao domingo 1 de outubro. Con ela estiveron Julio Bernárdez, presidente da Federación Galega de Baloncesto; Belia Méndez Rial, subdirectora xeral de Plan e programas da Secretaria Xeral para o Deporte; e Kiko Montero, en representación de Rosalía _ Fedesa. Tamén asistiron á presentación do evento o reitor da USC, Antonio...
SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL
O Concello de Santiago inicia unha segunda fase para a recollida selectiva na hostalaría
O concelleiro de Sustentabilidade Ambiental, Xesús Domínguez, anunciou a posta en marcha da segunda fase de recollida selectiva de residuos para a hostalaría na cidade histórica, tras o encontro que mantivo cos representantes do sector. Nesta nova fase, que se encadra no proxecto Santiago Sostible, vai destinada a implicar a totalidade de locais na separación de residuos en orixe e no cumprimento dos horarios de depósito. Na rolda de prensa estiveron tamén Lois Lopes, de Hostalaría.gal; Martín Pais, da Asociación de Bares e...
ALCALDÍA
A alcaldesa analiza novas oportunidades de financiamento europeo para Santiago co presidente da Comisión de Desenvolvemento Rexional e de Cohesión do Parlamento Europeo
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, recibiu o presidente da Comisión de Desenvolvemento Rexional e de Cohesión do Parlamento Europeo, o eurodeputado francés Younous Omarjee.
SEMANA EUROPEA DA MOBILIDADE
O PMUS e a licitación do transporte público protagonizan a reunión do plenario do Pacto Local pola Mobilidade
O edificio Cersia de San Lázaro acolleu esta tarde a reunión do plenario do Pacto Local pola Mobilidade, a primeira deste órgano desde 2018. Na xuntanza, presidida pola alcaldesa, Goretti Sanmartín, o concelleiro de Mobilidade deu conta do estado no que se atopan tanto a elaboración do Plan de Mobilidade Urbana Sostible como a licitación do servizo de transporte público. Xan Duro fixo un chamamento ao conxunto da Corporación municipal e a todas as entidades representadas no Pacto "para colaborar e avanzar cara unha mobilidade...
COMERCIO
O Concello recibe dous millóns de euros de fondos europeos para modernizar o comercio e mellorar a Praza de Abastos
O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo vén de comunicarlle ao Concello a concesión dunha subvención de case dous millóns de euros para o proxecto COMMARKET Santiago, co que a concellería de Promoción Económica pretende dinamizar a oferta comercial de Compostela e mellorar a Praza de Abastos. A concelleira María Rozas deu conta hoxe das actuacións incluídas neste programa, que se desenvolverá ata mediados de 2024 e para o que o Concello achegará medio millón de euros de fondos propios....