CAPITAL CULTURAL

Os Premios Ari(t)mar da música e da poesía galego-portuguesas premian a Fillas de Cassandra e Retimbrar e os poemas de Arancha Nogueira e María Isabel Fidalgo

02/10/2023

As artistas actuarán na Gala dos premios, que terá lugar o martes, 10 de outubro no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela. O premio especial a amizade galego-lusófona recaeu na Associação José Afonso, que leva máis de 30 anos difundindo os valores deste artista, tamén desde a delegación galega.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

O Concello adxudica as obras para mellorar a accesibilidade en Pontepedriña por máis de 145.000 euros

29/09/2023

Reunida en sesión extraordinaria, a Xunta de Goberno acordou esta mañá a adxudicación do contrato para a execución das obras do proxecto "mellora da accesibilidade ao barrio de Pontepedriña" á empresa ÁREA PROYECCIÓN, CONSTRUCCIÓN Y SERVICIOS SLU por un importe de 145.200,00 €. Tamén se deu luz verde a un convenio de colaboración co Centro Comercial Área Central por valor de 35.000 euros para o desenvolvemento dun programa de dinamización comercial e outro coa Asociación de...

Ler máis

DEREITOS E SERVIZOS SOCIAIS

María Rozas visita as instalacións de Aspanaes en Santiago

29/09/2023

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais visitou esta mañá dous dos centros que Aspanaes xestiona en Santiago, en concreto as instalacións do Servizo de Atención Temperá, en Villestro, e o Centro de Educación Especial Duques de Lugo, en Lamas de Abade. María Rozas estivo acompañada polo presidente da entidade, Ignacio Labella; o director xerente, Daniel Viéitez, e o seu antecesor no cargo, José Alén.

Ler máis

PLENO

O Pleno acorda a suspensión de licenzas previa á modificación encamiñada a recuperar o uso dotacional e protexer as antigas Escolas de Maxisterio

28/09/2023

O Pleno municipal deu luz verde esta mañá a unha proposta que suspende os actos suxeitos a licenza e comunicación previa no edificio das antigas escolas de Maxisterio, que na actualidade acolle o centro de educación infantil e primaria López Ferreiro e as facultades de Enfermaría e de Ciencias da Educación da USC, na avenida de Xoán XXIII. Este acordo supón o paso previo para a modificación normativa que permita preservar o uso dotacional para o que foi creado así como a protección dos elementos que o...

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

O Concello de Santiago destina 250.000 euros a apoiar actividades desenvolvidas polo sector cultural profesional

28/09/2023

A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria, deu luz verde ás bases da convocatoria de subvencións por un importe total de 250.000 euros para financiar iniciativas e accións de carácter cultural proxectadas e desenvolvidas polos profesionais do ámbito. O executivo municipal tamén acordou a concesión de subvencións por un valor total de 171.235,53 euros para a rehabilitación de vivendas na cidade histórica e nos barrios de Vista Alegre e Vite.

Ler máis

ALCALDÍA

O executivo municipal fai balance dos primeiros cen días de goberno

27/09/2023

A alcaldesa, Goretti Sanmartín, e a primeira tenenta de alcaldesa, María Rozas, acompañadas do resto de membros do Goberno municipal, fixeron un repaso polas accións levadas a cabo despois de cen días á fronte do Concello así como dos retos inmediatos e a medio e longo prazo. O executivo municipal deu conta destas cuestións nun almorzo informativo cos xornalistas que tivo lugar esta mañá no Auditorio de Galicia.

Ler máis

CAPITAL CULTURAL

Cutocircuíto celebra o seu vixésimo aniversario con máis de 50% de películas dirixidas por mulleres nas súas competicións

26/09/2023

A nova edición do Festival Internacional de Cinema, que terá lugar entre o 3 e o 8 de outubro, conta con estreas internacionais, espectáculos audiovisuais e actividades especiais a cargo de referentes das artes e o pensamento como Ramón Andrés ou María Sánchez. O fotógrafo Antoine D´Agata chegará a Curtocircuíto para falar da súa obra cinematográfica nun encontro co público. Elena Martín Gimeno, directora de Creatura, completa un cartel no que a maioría das sesións especiais...

Ler máis

CONVIVENCIA

A Policía Local amplía as súas charlas sobre lecer nocturno ao CSC do Ensanche

26/09/2023

A concellería de Mobilidade e Convivencia e a Policía Local volven impulsar as charlas sobre lecer nocturno para a mocidade, que neste curso se impartirán no centro sociocultural do Ensanche ademais de nos institutos de Compostela. O obxectivo é concienciar aos mozos e mozas das consecuencias que poden ter determinadas conductas incívicas que se veñen rexistrando en Santiago asociadas ao ocio nocturno.

Ler máis
Compartir: