URBANISMO
O Concello manterá unha reunión coas asociacións hostaleiras para informar das medidas de prevención de incendios
O Concello de Santiago, como xa trasladou o departamento de Urbanismo a representantes do sector da hostalaría e do lecer, ten prevista unha xuntanza de carácter informativo para o próximo xoves 2 de novembro destinada a explicar o contido do plan para verificar as medidas de prevención de incendios de locais de lecer nocturno e infantil.
CONSORCIO
Últimos días para visitar a exposición 'Lorca en Compostela' da Casa do Cabido
A mostra pechará as súas portas o domingo 5 de novembro. A Casa do Cabido tamén acolleu esta mañá o acto de celebración do Día de Lorca en Galicia ao que asistiron a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, as concelleiras Míriam Louzao e María Rozas, así como representantes dos grupos municipais.
MOBILIDADE E CONVIVENCIA
O Concello habilitará espazos "Bico e Vai" na contorna do Pío XII con máis de 30 prazas para paradas de curta duración
O concelleiro de Mobilidade, Convivencia e Centros Socioculturais explicou hoxe a proposta para a ordenación do aparcamento na contorna do CEIP Pío XII, co establecemento dos espazos "Bico e Vai" pensados para paradas de curta duración nos horarios de entrada e saída das aulas. O Concello habilitará unha trintena de prazas entre a avenida das Burgas, a avenida de Compostela e Poza de Bar, prazas que tal e como indicou Xan Duro, "deben ser usadas de maneira rotatoria polas familias".
TURISMO
Compostela superou en setembro as 100.000 estadías de turismo internacional
Turismo de Santiago participa na III Convención de Turespaña, co obxectivo de promocionar a cidade como un destino internacional de turismo consciente.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
A Rede de Centros Socioculturais encherase de maxia na segunda edición de "Abracastaña"
A Rede de Centros Socioculturais volverá encherse de maxia do 31 de outubro ao 25 de novembro, na segunda edición do programa "Abracastaña". O concelleiro Xan Duro presentou hoxe a actividade, acompañado de Sandra Quintana, responsable do programa de artes escénicas e musicais da rede de centros, e do mago Romarís, un dos protagonistas desta edición.
ALCALDÍA
Recepción ao alcalde de Xenebra
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, recibiu esta mañá no Pazo de Raxoi o alcalde de Xenebra, Alfonso Gómez Cruz.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno local dá luz verde á licitación do proxecto de rehabilitación de firmes en nove rúas da cidade
O executivo municipal aprobou esta mañá o expediente de contratación para as obras de "Rehabilitación de firmes de vías urbanas 2023" cun orzamento base de preto de 350.000 euros. Tamén se acordou a aprobación definitiva do Proxecto de Expropiación por taxación conxunta para a creación da plataforma loxística de intercambio de mercadorías na parcela SU-3 do PXOM (fase I). Destes e outros asuntos deu conta en rolda de prensa a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín.
COMERCIO
Os Bonos Corazón regresan en novembro cun orzamento superior aos 400.000 euros
A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, anunciou hoxe que no próximo mes de novembro estarán dipoñibles os Bonos Corazón, o programa co que o Concello de Santiago quere incentivar o consumo no comercio e na hostalería local. Foi despois de que a Xunta de Goberno aprobara esta mañá a convocatoria do procedemento para seleccionar á entidade colaboradora na entrega e distribución destas axudas. A elas, o Goberno vai destinar un orzamento total de 433.000 euros.
CAPITAL CULTURAL
Comeza a II edición do Festival Luz Poética: o festival que celebra a poesía nova galega
Do 23 ao 29 de outubro, Compostela encherase de poesía e música na segunda edición do Festival Luz Poética, festiva de poesía nova de Compostela, un evento organizado polo Concello de Santiago e coordinado pola xestora Hoku Cultural. A concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao e un dos organizadores, Diego Horschovski, presentaron esta mañá un amplo programa con obradoiros, roteiros e recitais, onde se darán a coñecer novas voces da poesía galega.
VIVENDA
Abertas as convocatorias de axudas para a rehabilitación de vivenda na cidade histórica e no barrio de Vite
O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou hoxe a convocatoria de subvencións municipais para a rehabilitación de edificios residenciais no marco da 18ª fase da Área de Rexeneración e Renovación Urbana (ARRU) da cidade histórica de Santiago por un importe total de preto de 85.000 euros. As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude durante un mes a partir de mañá, 24 de outubro. Tamén continúa aberto o prazo de solicitude de axudas para a rehabilitación de vivendas no barrio...