COMERCIO

O Goberno consensúa as bases dos Bonos Corazón coas entidades comerciais de Santiago

06/11/2023

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, mantivo hoxe unha xuntanza con representantes das asociacións de comerciantes de Santiago para poñer en común as bases da nova convocatoria dos Bonos Corazón. Nos próximos días, celebrarse outra xuntanza co sector hostaleiro. A previsión é que os bonos estean dispoñibles a mediados deste mes e se poidan consumir ata o 22 de decembro.

Ler máis

CAPITAL CULTURAL

O filme Puan inaugura o Cineuropa 37 e bota a andar unha edición que reivindica o papel subversivo da comedia

03/11/2023

Do 9 ao 25 de novembro, o certame leva ás salas de Compostela 115 filmes e numerosas actividades paralelas, con concertos e proxeccións especiais, mesas redondas e obradoiros arredor do cinema. Os premios Cineuropa distinguen en 2023 as traxectorias do actor Luis Zahera, do director portugués João Canijo e da actriz Ana Torrent. O Cineuropa 37 conmemora tamén o centenario do nacemento de Jorge Semprún, coa presenza do cineasta Costa-Gavras, e move á reflexión sobre a historia da democracia na Arxentina e sobre a ditadura pinochetista en...

Ler máis

EMPREGO

Milleiros de prazas de formación e case 300 ofertas de emprego: abren as inscricións para o Talentia 2023

03/11/2023

Máis de 3.000 prazas en actividades formativas, 300 ofertas de emprego e preto de 80 empresas participantes. Son os números do Talentia Summit, o evento do talento e o emprego que se desenvolverá do 13 ao 17 de novembro, cun formato híbrido que combinará as vantaxes dos modelos de feira virtual e presencial. As inscricións nas diferentes actividades quedarán abertas esta tarde a través da web talentiasummit.com.

Ler máis

ALCALDÍA

A alcaldesa reúnese coas asociacións de hostalaría para explicar o plan de comprobación da seguranza dos locais

02/11/2023

A alcaldesa e o concelleiro de Urbanismo, Iago Lestegás, xunto con persoal técnico, mantiveron esta mañá unha xuntanza con representantes de Hostelería Compostela, Hostalaría.gal e a Asociación de Bares, Pubs e Discotecas para explicar o contido do plan destinado a verificar as medidas de seguranza nos locais, para atender a preocupación que manifesta publicamente o sector hostaleiro. O Concello estudará a proposta presentada polas asociacións para pór en marcha unha Mesa sectorial de hostalaría.

Ler máis

EDUCACIÓN

Aberto o prazo para participar no programa de conciliación de Nadal VacaLudos no Espazo María Miramontes

31/10/2023

Ata o 8 de novembro estará aberto o período de solicitude de praza nas actividades do programa de conciliación de Nadal VacaLudos que se desenvolverá no Espazo Educativo e de Lecer María Miramontes (Ludoteca das Fontiñas) entre o 22 de decembro e o 5 de xaneiro. Tamén abre hoxe o prazo de solicitude para participar no programa de conciliación nos CEIP Quiroga Palacios e Monte dos Postes durante o período de Nadal.

Ler máis

EDUCACIÓN

Programa municipal de conciliación de Nadal 2023

31/10/2023

O programa municipal de conciliación de Nadal 2023 desenvolverase entre o día 22 de decembro e o 5 de xaneiro, nos CEIPs Quiroga Palacios e Monte dos Postes. Este programa concíbese como un espazo educativo, de promoción do ocio e o tempo de lecer, ademais dun recurso para a conciliación familiar e laboral no tempo de vacacións.

Ler máis

CENTROS SOCIOCULTURAIS

O CSC Maruxa e Coralia celebra o seu primeiro aniversario

31/10/2023

O Centro Sociocultural Maruxa e Coralia da cidade histórica celebra o seu primeiro aniversario cunha programación especial que se vai desenvolver do 6 ao 13 de novembro. O concelleiro Xan Duro presentou hoxe as actividades, nunha rolda de prensa na que estivo acompañado por Lupe Rodríguez, técnico da rede de centros.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno adxudica o alumeado de Nadal

30/10/2023

A Xunta de Goberno Local celebrada este luns adxudicou o contrato do alumeado de Nadal deste ano a ILUMINACIONES SANTIAGUESAS SL por un importe de preto de 215.000 euros. Tamén deu o visto bo á recepción das obras de pavimentación dos viarios de varias zonas do rural compostelán e adxudicou o contrato de subministración e implantación de 20 sistemas de alimentación ininterrumpida (SAIs) para protexer os equipamentos máis críticos da administración electrónica do Concello de Santiago. De todos estes asuntos deu...

Ler máis

UMAD

Galeras convértese no primeiro "parque sen fume" da cidade

30/10/2023

O Concello de Santiago adhírese á iniciativa "Parque sen fume", declarando o parque de Galeras como o primeiro espazo verde libre de fume da capital de Galicia a partir de mañá, 31 de outubro, con motivo do Día Galego sen tabaco. Esta declaración foi presentada esta mañá no Pazo de Raxoi pola concelleira responsable da Unidad Municipal de Drogodependencias (UMAD), Pilar Lueiro, acompañada polo técnico e coordinador da UMAD, Jorge Carballido, e o presidente da xunta local da Asociación Española contra...

Ler máis
Compartir: