SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL

Santiago promove unha campaña de concienciación sobre hábitos de consumo responsable coincidindo coa Semana Europea de Prevención de Residuos (EWWR)

20/11/2023

O Concelleiro de Sustentabilidade Ambiental, Dereitos dos Animais, Servizos Básicos Comunitarios, Parques e Xardíns e Vías e Obras, Xesús Manuel Domínguez Domínguez, presentou a campaña O Gran Encontrón, centrada na concienciación da cidadanía en hábitos de consumo responsable e nunha xestión sostible dos recursos e os residuos.

Ler máis

COMERCIO

Máis de 12.000 persoas beneficiaránse dos Bonos Corazón, esgotados en 30 horas

19/11/2023

Os Bonos Corazón quedaron esgotados onte, pouco máis de 30 horas despois de que se habilitara a súa descarga na web bonoscorazoncompostela.gal. Un total de 12.051 persoas descargaron 21.650 bonos, que se poderán utilizar ata o 22 de decembro. A convocatoria permitirá mobilizar máis dun millón de euros no comercio e na hostalería locais.

Ler máis

CAPITAL CULTURAL

O cineasta João Canijo recolleu o premio Cineuropa

19/11/2023

O Teatro Principal acolleu este domingo a entrega do premio Cineuropa a João Canijo, nun acto no que participaron o deputado provincial da Deputación da Coruña Xosé Luis Penas Corral e o director do festival, José Luis Losa e que contou coa presenza da alcaldesa de santiago Goretti Sanmartín, da concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao e de integrantes da Corporación municipal.

Ler máis

CIDADES PATRIMONIO

Santiago promocionará emblemas propios da cidade no espectáculo de luz que conmemora o XXX aniversario do Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade

18/11/2023

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participou esta mañá na Asemblea xeral do Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade onde se aprobaron as actividades que se realizarán para conmemorar o XXX aniversario da constitución do Grupo. A principal proposta aprobada consiste nun espectáculo de luz, que se realizará con máis de 200 drons, e que incluirá emblemas propios de cada unha das 15 cidades. Este espectáculo será recollido posteriormente nun vídeo promocional que se utilizará para difundir...

Ler máis

ALCALDÍA

Izado da bandeira na praza de Galicia para conmemorar a I Asemblea Nacionalista das Irmandades da Fala

18/11/2023

A alcaldesa en funcións, Míriam Louzao, xunto con membros da Corporación, participou na praza de Galicia no acto de izado da bandeira organizado pola plataforma Vía Galega de xeito simultáneo en distintas vilas e cidades con motivo do 105 aniversario da I Asemblea Nacionalista. Na edición anterior, ergueuse unha bandeira no Parque de Carlomagno, no barrio das Fontiñas.

Ler máis

URBANISMO

A instrución do Servizo de Licenzas e Disciplina Urbanística reúne a normativa autonómica e estatal de medidas de seguridade dos locais

17/11/2023

Esta instrución ten por obxecto establecer os criterios que debe seguir o persoal técnico do Servizo de Licenzas e Disciplina Urbanística nos procedementos de inspección que se prevé realizar nos establecementos en que se realicen actividades incluídas no Catálogo de espectáculos públicos, actividades recreativas e establecementos abertos ao público da comunidade autónoma de Galicia, co fin de indicar o alcance das comprobacións que deben efectuarse e dos posibles axustes á normativa vixente que se...

Ler máis

IGUALDADE

Varias deportistas locais protagonizan a segunda parte da campaña municipal 'O teu machismo dá noxo' lanzada con motivo do 25N

17/11/2023

Baixo o lema "NON HAI PRÓRROGA PARA O MACHISMO. O TEU MACHISMO DÁ NOXO", o vídeo da futbolista compostelá Vero Boquete inaugura a segunda fase desta campaña lanzada polo Concello de Santiago con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra as Mulleres, que terá lugar o vindeiro 25 de novembro. O obxectivo destas pílulas informativas que serán difundidas a través das redes sociais é convidar á cidadanía a reflexionar sobre os comportamentos e formas de violencia...

Ler máis

ACCESIBILIDADE

O Concello de Santiago comeza o proceso de consulta cidadá do Plan de Accesibilidade

17/11/2023

Esta consulta coa cidadanía pretende definir a situación de partida en materia de accesibilidade, así como identificar puntos críticos e posibles actuacións de mellora xeolocalizables. Todas as persoas que desexen participar nesta consulta poderán facelo en liña a través dunha ligazón, vía telefónica e ou a través de WhatsApp ou Telegram.

Ler máis
Compartir: