SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL

Constitúese a Comisión especial para mellorar a xestión do ciclo integral da auga no Concello de Santiago

10/06/2024

O Pazo de Raxoi acolleu esta maña a sesión constitutiva da Comisión especial encargada de analizar a forma máis eficiente e sostible para a xestión do ciclo integral da auga no Concello de Santiago. Na xuntanza de hoxe, que contou coa participación da alcaldesa, representantes dos grupos políticos municipais e persoal técnico do Concello, tamén se abordou o réxime de sesións, a análise da situación de partida e a toma de decisións.

Ler máis

CAPITAL CULTURAL

A autora palestina Adania Shibili e a bretoa Nolwenn Korbell, novas incorporacións ao Xardín das pedras que falan

09/06/2024

‘O xardín das pedras que falan’ incorpora desde esta tarde dúas novas voces poéticas, a da palestina Adania Shibili e a da bretoa Nolwenn Korbell. As pedras cos seus textos, en árabe e en bretón, foron descubertas nun acto público presidido pola alcaldesa, Goretti Sanmartín, e no que tamén participaron, o poeta e director da Cátedra Valente de Poesía e Estética da USC, Claudio Rodríguez Fer, e a ensaísta e catedrática de Francés, María Lopo.

Ler máis

ALCALDÍA

A alcaldesa de Santiago arrinca un investimento de 850.000 euros da Deputación da Coruña para arranxar as cubertas do Estadio Verónica Boquete

07/06/2024

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, reuniuse hoxe co presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, para abordar a colaboración entre ambas as dúas institucións e proxectos de futuro. Na reunión participaron tamén o vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, a concelleira de Capital Cultural, Turismo, Educación e Memoria Histórica, Miriam Louzao, e a concelleira de Deportes e Relacións Veciñais, Pilar Lueiro.

Ler máis

PROMOCIÓN ECONÓMICA

O Centro Xove da Almáciga acolle o Demoday de iniciativas de emprendemento cooperativo no ámbito do márketing dixital

07/06/2024

O Centro Xove de Creación Cultural da Almáciga acolle o próximo xoves o acto de presentación de proxectos participantes na formación "Márketing Dixital e Cooperativismo". O programa formativo, impulsado pola Fundación Paideia coa colaboración da Concellaría de Promoción Económica, desenvolveuse entre febreiro e xuño coa participación de mozos e mozas menores de 30 anos en situación de desemprego.

Ler máis

MOBILIDADE

O Concello agarda que o Goberno de Teo valore o informe sobre os custos da extensión do servizo de autobús ata Cacheiras

07/06/2024

O informe elaborado pola empresa municipal Tussa sobre a posible extensión da actual liña 6 do transporte urbano de Santiago a Cacheiras, ata a altura da rotonda que comunica a AC-841 coa AG-58, cifra en 1,8 millóns de euros os investimentos necesarios para prestar ese servizo, unha cifra á que habería que engadir outros custos anuais como os da contratación de novo persoal. O estudo responde á solicitude feita pola alcaldesa de Teo para que o Concello de Santiago avaliara a prolongación da liña, e deberá ser agora o...

Ler máis
Compartir: