IGUALDADE

Compostela súmase ás reivindicacións do 25N coa lectura dunha declaración institucional contra a violencia machista

25/11/2023

O Concello de Santiago súmase un ano máis á conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres mañá 25 de novembro, coa lectura por parte dos membros da Corporación dunha declaración institucional na que se condenan "todas as formas de violencia machista" e comprométense a traballar "na súa eliminación de todos os espazos do Concello" con medidas concretas e de xeito coordinado con outras institucións.

Ler máis

DEPORTES E IGUALDADE

O Concello e o Monbus Obradoiro unen forzas para visibilizar a violencia contra as mulleres no mundo do deporte

24/11/2023

Co obxectivo de fomentar a igualdade e condenar a violencia machista no mundo do deporte, o Monbus Obradoiro dará visibilidade este sábado á campaña municipal 'O teu machismo dá noxo' durante o seu partido contra o Coviran Select no marco do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Estas accións foron prensentadas esta mañá no Pazo de Raxoi nunha rolda de prensa que contou coa presenza da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, a concelleira de Deportes, Pilar Lueiro,...

Ler máis

URBANISMO

O Goberno Local impulsa unha modificación do planeamento urbanístico no ámbito da Finca do Espiño para preservar a súa calidade ambiental e paisaxística

23/11/2023

O Goberno Local iniciou o procedemento para preservar a calidade ambiental e paisaxística da Finca do Espiño, unha peza clave do sistema de zonas verdes da cidade catalogada como finca singular no Plan especial de protección e rehabilitación da cidade histórica (PE-1). Con este obxectivo, proporá ao Pleno Municipal a vindeira semana a aprobación inicial dunha modificación puntual do PXOM e do PE-1 que suprima o aproveitamento lucrativo previsto na parcela privada de 8.012 m2 situada no perímetro do parque, eliminando a...

Ler máis

DEREITOS E SERVIZOS SOCIAIS

O Consello Municipal de Persoas Maiores estuda o proxecto da Casa dos Maiores

21/11/2023

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, María Rozas, presidiu o Consello Municipal de Persoas Maiores, na primeira reunión do órgano neste mandato. Na xuntanza, María Rozas deu conta do proxecto da futura Casa dos Maiores, que o Goberno proxecta nas antigas dependencias da Seguridade Social en San Pedro de Mezonzo. Tamén se avaliou a situación do Servizo de Axuda no Fogar.

Ler máis
Compartir: