XUNTA DE GOBERNO

O Concello de Santiago presentará o proxecto SMARTiAuGA ás axudas do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia para mellorar a xestión da auga no municipio

12/12/2023

A Xunta de Goberno local deu luz verde á participación do Concello de Santiago na segunda convocatoria de subvencións lanzada polo PERTE de dixitalización do ciclo da agua dentro do Plan de Resiliencia, co proxecto "Xestión intelixente do ciclo urbano da auga de Santiago de Compostela - SMARTiAuGA". Este proxecto, que conta cun orzamento de preto de 4 millón de euros, permitirá a modernización e a mellora da eficiencia na xestión da auga no municipio.

Ler máis

ALCALDÍA

A alcaldesa mantén unha reunión co Foro Cívico para informar dos avances do acordo subscrito coas entidades

11/12/2023

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participou nun encontro co Foro Cívico de Santiago de Compostela, que integra diversas entidades e colectivos profesionais, onde explicou as liñas do traballo do Goberno local para impulsar proxectos ambiciosos que repercutan na calidade de vida da veciñanza, co compromiso de recuperar o orgullo compostelán, defender os sinais de identidade e facer valer a condición de capital de Galicia.

Ler máis
Compartir: