MOBILIDADE
O Concello manterá a bonificación complementaria no transporte urbano e mellorará o sistema de información na estación de autobuses
O Concello de Santiago manterá en 2024 a bonificación complementaria do transporte urbano, que se suma á bonificación aprobada polo Goberno do Estado. Desta maneira, o prezo do billete con bono ordinario manteráse nos 0,30 euros, e o bono mensual seguirá custando 13 euros.
XUVENTUDE
Reunión de traballo co secretario de Estado de Xuventude e Infancia
A alcaldesa, Goretti Sanmartín, e a primeira tenenta de alcaldesa, María Rozas, recibiron hoxe ao Secretario de Estado de Xuventude e Infancia, de visita en Santiago para manter unha xuntanza de traballo coa concelleira de Dereito e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude. Rubén Pérez explicou cales son as liñas de actuación do Ministerio de Infancia e Xuventude, e mostrou a súa vontade de impulsar políticas de colaboración coas administracións locais.
EDUCACIÓN
Do 2 ao 11 de xaneiro estará aberto o prazo para solicitar praza no programa de conciliación de VacaLudos Entroido do Espazo de Lecer María Miramontes
A partir do 2 e ata o 11 de xaneiro (ambos os dous inclusive) estará aberto o prazo de solicitude de praza para participar nas actividades do programa de conciliación de Entroido VacaLudos, que se desenvolverá no Espazo Educativo e de Lecer María Miramontes (Ludoteca das Fontiñas) os días 12, 13 e 14 de febreiro.
FESTAS
As Súas Maxestades de Oriente chegarán o día 5 á cidade seguindo a Estrela de Compostela
A concelleira de Festas, Pilar Lueiro, adiantou esta mañá en rolda de prensa algún dos detalles trasladados polos propios Reis Magos sobre a tradicional Cabalgata que terá lugar o vindeiro venres 5 de xaneiro. A comitiva percorrerá as rúas da cidade ata chegar á praza do Obradoiro e ao Pazo de Raxoi onde as SSMM recibirán aos nenos e nenas nunha tarde chea de "sorpresas musicais e golosas".
COMERCIO
Os Bonos Corazón mobilizaron case 1,4 millóns de euros no comercio e a hostalería de Santiago
A campaña dos Bonos Corazón, que finalizou o pasado día 22, concluiu cun volume de vendas de case 1,4 millóns de euros en 560 establecementos de comercio e hostalería de Santiago. A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, fixo hoxe balance do programa, do que se beneficiaron ademais 12.000 persoas.
EDUCACIÓN
Case 150 nenos e nenas participan nas actividades de conciliación da Ludoteca das Fontiñas durante as vacacións de Nadal
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e a concelleira de Educación, Míriam Louzao, visitaron esta mañá o Espazo de Lecer María Miramontes no que desde o comezo das vacacións, 146 nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, asisten ao programa de conciliación VacaLudos Nadal con actividades ambientadas este ano no conto "Alicia no país das marabillas".
ALCALDÍA
O goberno municipal reúnese coa Plataforma de Asociacións Veciñais contra da Contaminación Acústica
A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, o concelleiro de Mobilidade e Convivencia, Xan Duro, e representantes da Policía Local e da Policía Nacional mantiveron esta tarde unha xuntanza con membros da Plataforma de Asociacións Veciñais contra da Contaminación Acústica.
CAPITAL CULTURAL
Montserrat Fajardo, gañadora da edición 2023 dos Premios SELIC con 'Onde habita a tolemia'
Montserrat Fajardo é a gañadora da séptima edición dos Premios SELIC de creación literaria na modalidade de ensaio, pola súa obra 'Onde habita a tolemia' na que a autora visibiliza a enfermidade mental e a represión institucional contra as mulleres psiquiatrizadas nunha historia ambientada nunha institución mental de Santiago.
COMERCIO E RELACIÓNS VECIÑAIS
Mañá ábrese o prazo de inscrición para participar no concurso de escaparates de Nadal
O BOP acaba de publicar as bases da convocatoria do concurso de escaparatismo de Nadal, cuxo prazo de inscrición estará aberto desde mañá, 28 de decembro, ata o 2 de xaneiro. O obxectivo desta iniciativa é animar aos establecementos da cidade a atraer máis clientela e aumentar o consumo no comercio local durante as Festas do Nadal.
DEREITOS E SERVIZOS SOCIAIS
O Centro de Atención Integral a Persoas sen Fogar contará con 12 habitacións e espazos comúns, seguindo o modelo Housing First
A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude deu conta hoxe das modificacións introducidas no proxecto do Centro de Inclusión Social de Belvís, co obxectivo de que sexa un Centro de Atención Integral a Persoas sen Fogar, tal e como fora concebido orixinalmente. María Rozas explicou que o complexo contará finalmente con 12 habitacións, dúas delas dobres, e con espazos comúns como cociña, comedor ou lavandería, seguindo a filosofía housing first "que tén...