CENTROS SOCIOCULTURAIS

O Concello premia as persoas máis lectoras das bibliotecas municipais

11/01/2024

Con motivo do Día das Persoas Usuarias das Bibliotecas en Galicia, este 11 de xaneiro, o Concello de Santiago premiou esta tarde as persoas lectoras máis activas das bibliotecas dos Centros Socioculturais de Vite, Conxo, Fontiñas e Santa Marta, tanto por libre como no marco da iniciativa '12 meses, 12 libros'. O acto de entrega de premios estivo presidido pola alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e contaou coa presenza do concelleiro de CSC, Xan Duro, e de varios membros da Corporación municipal.

Ler máis

COMERCIO

O comercio de Santiago amosa a súa cara máis solidaria co proxecto "12 comercios, 12 sensibilidades"

10/01/2024

Unha ducia de comerciantes de Santiago veñen de xuntarse nun novidoso proxecto que ten como obxectivo darlle visibilidade a outras tantas entidades solidarias. Baixo o nome "12 Comercios, 12 Sensibilidades", a iniciativa permitirá tamén favorecer o fluxo de clientela entre pequenos establecementos de diferentes puntos da cidade e dedicados a distintos sectores. O programa conta coa colaboración da Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude

Ler máis

RURAL

Santiago recibe 900.000 euros do Plan Único da Deputación na súa fase inicial de 2024 para pór en marcha o Pacto polo Rural

09/01/2024

O Concello de Santiago acolleu a presentación do Plan Único, a ferramenta da Deputación da Coruña para o financiamento de obras e servizos públicos dos concellos da provincia. A concelleira do Rural, Pilar Lueiro, e a deputada de Plans provinciais, Cristina García, deron a coñecer o investimento deste inicio de 2024 para Santiago que recibirá máis de 900.000 euros, dos que case a metade estarán destinados ao mantemento e reparación de pavimentos e labores de roza e limpeza nos viarios municipais do rural...

Ler máis

CAPITAL CULTURAL

A obra teatral ‘El Padre’, con Josep María Pou, adíase ata o 3 de marzo

09/01/2024

O espectáculo de Focus e Teatre Romea, programado inicialmente para o venres 1, trasládase ao domingo día 3 de marzo a causa das compañías promotoras. Compostela Cultura contactará coas persoas posuidoras de entradas para ese espectáculo co fin de achegarlles máis información sobre cambios e devolucións, que poderán realizarse do 10 ao 30 de xaneiro.

Ler máis

ALCALDÍA

O Goberno municipal sinala como obxectivos prioritarios para o 2024 "a mellora da calidade de vida da veciñanza e o impulso socioeconómico á cidade"

08/01/2024

Nun encontro coa prensa local, a alcaldesa, Goretti Sanmartín, e a primeira tenenta de alcaldesa, María Rozas, acompañadas polo resto dos membros do executivo, presentaron as grandes liñas que guiarán o Goberno municipal no 2024. Ambas representantes, que definiron este mandato como o do "diálogo e da participación", puxeron o foco na mellora da calidade de vida da veciñanza e no impulso socioeconómico á cidade a través da posta en marcha de accións como o proxecto de recuperación urbana desde...

Ler máis
Compartir: