TURISMO
O Aeroporto de Santiago supera por vez primeira os tres millóns e medio de pasaxeiros e pasaxeiras
O Rosalía de Castro aumentou o tráfico en 300.000 persoas respecto do 2022, cun crecemento do 9,2%.
IGUALDADE
Minuto de silencio polas últimas vítimas mortais de violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio polas dúas mulleres asasinadas o 29 de decembro en Barcelona e o 12 de xaneiro en Málaga, vítimas de violencia machista, así como pola nena e o neno asasinados por violencia vicaria o pasado 6 de xaneiro en Barcelona.
RURAL
O vindeiro 23 de xaneiro celébranse as eleccións ao Consello de Medio Rural
Aprobado polo Pleno municipal o pasado 30 de marzo, o Consello do Medio Rural é un órgano colexiado que permite a participación da cidadanía a través da consulta, asesoramento, proposta e seguimento de accións que buscan promover os intereses colectivos dos residentes no rural compostelán. Nas eleccións do vindeiro 23 de xaneiro, as asociacións veciñais poderán escoller entre as candidaturas presentadas, os seis vogais que actuarán como representantes neste novo órgano participativo.
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago lanza unha nova convocatoria do programa 'Ter é manter' cun orzamento de 800.000 euros para a rehabilitación e mantemento de inmobles da cidade histórica
O Consorcio de Santiago ven de lanzar una nova convocatoria do programa de 'Ter é manter' de axudas á rehabilitación dos elementos especiais de madeira e reixas e ao mantemento da envolvente exterior das vivendas da Cidade Histórica compostelá, que nesta edición contará cun orzamento de 800.000 euros. As axudas para os inmobles poderán solicitarse ata o vindeiro 12 de febreiro.
EDUCACIÓN
O Concello oferta 268 prazas nos diferentes programas de conciliación para as vacacións de Entroido
A concelleira de Educación, Míriam Louzao, anunciou esta mañá a apertura do prazo de inscrición para as 150 prazas do programa municipal de conciliación para as vacacións de Entroido 2024, que terán lugar os vindeiros días 12 13, 14 de febreiro. Dirixidas a nenos e nenas con idades comprendidas entres os 3 e os 12 anos, as actividades desenvolveranse nas instalacións do CEIP Quiroga Palacios e CEIP Monte dos Postes. A maiores, o Concello tamén oferta 73 prazas para o espazo de Lecer María Miramontes e outras...
XUNTA DE GOBERNO
O Concello solicitará o inicio do procedemento de avaliación ambiental estratéxica simplificada do Plan Especial do SU-4 Amio-Meixonfrío
A Xunta de Goberno acordou esta mañá remitir á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Xunta de Galicia a solicitude de inicio do procedemento de avaliación ambiental estratéxica simplificada do Plan especial de infraestruturas e dotacións (PEID) do sistema xeral de servizos urbanos SU-4. Trátase dun ámbito formado por tres parcelas de titularidade municipal inseridas na área empresarial e industrial que aglutina os polígonos do Tambre, de Costa Vella e da Sionlla.
MEDIO AMBIENTE
Cen árbores máis para reducir o impacto do cambio climático en Santiago de Compostela
As concellerías de Deportes e de Parques, en colaboración co equipo Luis Penido Rally Team, organizaron a plantación de 100 árbores para repoñer carballos da alameda e de distintas zonas verdes de Santiago de Compostela, co obxectivo de sensibilizar sobre a necesidade de mitigar o cambio climático e compensar o impacto ambiental.
LINGUA
O Enreguéifate convoca a súa sétima edición baixo o lema "Temos madeira regueifeira!"
O prazo de inscrición para participar no certame de regueifas en vídeo está aberto dende hoxe e ata o 1 de marzo. Os concellos de Ames, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo impulsan este proxecto de dinamización lingüística que se presentou hoxe en rolda de prensa no Pazo de Raxoi.
XUNTA DE GOBERNO
A empresa das obras na Pastoriza retomará a pavimentación en canto reciba a pedra acorde á resistencia e calidade que figuran no contrato
A empresa contratista das obras da Pastoriza, para proseguir cos labores de pavimentación, está agardando pola recepción de novos materiais coa resistencia adecuada, porque os subministrados inicialmente non reunían as calidades que figuran no proxecto. Ten como previsión retomar esta intervención na semana do 22 de xaneiro e o Concello velará para que se cumpran os prazos.
CAPITAL CULTURAL
Leilía despídese dos escenarios cun último concerto no Auditorio de Galicia
A histórica formación de pandeireteiras culmina este sábado a xira ‘Anque me vou non me vou’ cunha actuación que esgotou xa as localidades dispoñibles.