DEPORTES

O pavillón de Santa Isabel acolle este sábado a segunda xornada da Liga Galega de Karate coa participación de máis de 600 nenos e nenas

19/01/2024

A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, acompañada do presidente da Federación Galega de Karate, Óscar de la Fuente, presentaron esta mañá a Liga Galega de Karate, cuxa segunda fase se desenvolverá no pavillón municipal de Santa Isabel este sábado, 20 de xaneiro. 617 nenos e nenas de entre 5 e 15 anos, pertencentes a 32 clubs de toda Galicia competirán polos títulos nas diferentes categorías.

Ler máis

LINGUA

Un total de 18 finalistas disputaranse os oito galardóns nos que se dividen os Premios Youtubeiras 2023 na gala de entrega que se celebrará en Santiago o 17 de febreiro

19/01/2024

As finalistas ao premio canle son OU ké!, Cinema Caníbal e Toxío, mentres que ao galardón ao youtubeira do ano aspiran Pingando, Exército Mekemeke e Recuncho Gamer. As canles Toxío, Prado Rúa, Savia Nova, Recuncho Gamer, Fica coa bola e OU ké son as únicas que competirán en dúas categorías diferentes como finalistas. Nesta edición dos Premios Youtubeiras inscribíronse 68 canles, mentres que 24 vídeos foron propostos pola audiencia dixital para o Premio do Público. O conxunto de...

Ler máis

IGUALDADE

O Concello de Santiago reactiva a Mesa local de coordinación interinstitucional contra a violencia de Xénero

18/01/2024

Tras cinco anos de parón, a Mesa local de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero reuniuse de novo esta mañá no Pazo de Raxoi co obxectivo de facer unha diagnose da situación actual da violencia de xénero no Concello de Santiago. Á xuntanza, que estivo presidida pola alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, asistiron a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, representantes dos distintos servizos municipais, asociacións e membros dos corpos e forzas de seguridade, que acordaron...

Ler máis

CAPITAL CULTURAL

O Auditorio de Galicia acolle a representación, por primeira vez en 65 anos, de ‘Miñatos de Vran’, zarzuela galega do mestre Vide e libreto de Otero Pedrayo

18/01/2024

A peza, estreada na Habana 1928 e só representada de novo en 1959, chegará este domingo 21 de xaneiro ás 19.00 horas ao Auditorio de Galicia tras o seu paso polo Auditorio de Vilagarcía mañá venres. Nesta nova produción escenificada participan a Banda Municipal de Música de Santiago, o Coro da Asociación Liceo de Vilagarcía, Troyanos de Compostela e varias voces solistas. David Fiuza encárgase da dirección musical, mentres que José Álvarez é o director de escena e Josefa Dorado, directora...

Ler máis

LINGUA

Arranca unha nova edición do Club de Debate que contará coa participación de catro equipos composteláns

18/01/2024

O Concello de Rois acolle a primeira xornada de formación en comunicación e documentación dirixida ao alumnado participante nesta iniciativa que este ano contará coa participación de catro equipos composteláns, todos eles do Colexio La Salle. O Club de Debate é unha actividade promovida polo Concello de Santiago xunto con outros dez municipios co obxectivo de favorecer o uso do galego oral entre a rapazada de 3º e 4º de ESO e 1º de bacharelato.

Ler máis
Compartir: