CONSORCIO

O Consorcio de Santiago publica unha convocatoria para a redacción técnica de proxectos de mantemento e rehabilitación dos edificios monumentais da cidade histórica

24/01/2024

Unha subvención en especie coa que se cubrirán honorarios de redacción da documentación, proxecto técnico, dirección de obra e redacción do plan de mantemento. Edificios monumentais de valor excepcional, arquitectónico, histórico-artístico e cultural e edificios de características singulares poderán beneficiarse deste programa.

Ler máis

ALCALDÍA

O Concello presenta o plan de actuación para mellorar a mobilidade e a integración urbana do CHUS

23/01/2024

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e os concelleiros de Mobilidade, Xan Duro, e de Urbanismo, Iago Lestegás, deron conta esta mañá das actuacións incluídas na proposta de colaboración remitida desde o Concello de Santiago á Xunta co obxectivo de mellorar a mobilidade e a integración urbana do CHUS. Ambas administracións manterán unha xuntanza o vindeiro martes 30 de xaneiro ás 10:00 horas no Pazo de Raxoi para debater os detalles das actuacións.

Ler máis

TURISMO

Santiago presenta en FITUR a súa aposta por un modelo de turismo responsable e sostible

22/01/2024

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e a concelleira de Turismo, Míriam Louzao, participarán esta semana en FITUR co obxectivo de poñer en valor a aposta do Goberno municipal por un "turismo de calidade" que permita a "convivencia harmónica entre persoas residentes e visitantes". Ademais de encontros con profesionais do sector e a participación na Asemblea do Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade e noutros eventos, a delegación compostelá presentará un vídeo sobre a campaña 'Santiago...

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno acorda solicitar á Deputación da Coruña case 125.000 euros do POS+ 24 para o financiamento de gastos sociais

22/01/2024

A Xunta de Goberno aprobou hoxe solicitude dunha subvención á Deputación da Coruña de case 125.000 euros para o financiamento de diversos gastos sociais, no marco do Plan de Cooperación ás Obras de Servizos, POS+ 2024. Segundo a proposta da concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, a maior parte da achega, 100.000 euros, sería para o Servizo Municipal de Atención ás Emerxencias Sociais.

Ler máis

PERSOAL

O Concello de Santiago anuncia as propostas de nomeamento de persoal funcionario de carreira e de persoal laboral fixo dentro do proceso extraordinario de estabilización

22/01/2024

As propostas de nomeamento iranse publicando na sede electrónica e no taboleiro de edictos do Concello, segundo indican as bases específicas das convocatorias. As persoas propostas dispoñen dun prazo de vinte días para a presentación da documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos desde a publicación de dos acordos.

Ler máis

ALCALDÍA

O Informe de Conxuntura Económica conclúe que a comarca de Santiago é unha das máis dinámicas da provincia

19/01/2024

O documento publicado polo Club Financeiro de Santiago, que foi presentado esta mañá no Pazo de Raxoi, mostra unha mellora xeralizada dos principais indicadores económicos. Goretti Sanmartín salientou os bos datos do mercado de traballo en Santiago, que a converten na cidade galega con menor taxa de paro. A comarca gaña poboación e reforza o seu peso relativo en relación coa poboación da comunidade.

Ler máis
Compartir: