XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno inicia a contratación da dirección facultativa para a reforma do pavillón municipal de Vite

15/02/2024

As obras de rehabilitación integral do pavillón municipal de Vite, confinanciadas con fondos Next Generation EU, contan cun orzamento global de máis de 1,2 millóns de euros e permitirán mellorar a eficiencia enerxética, a sustentabilidade, a accesibilidade e a seguridade do complexo. A licitación do contrato para a execución das obras foi adxudicado o pasado mes de decembro á empresa PRACE, SERVICIOS Y OBRAS S.A.

Ler máis

ALCALDÍA

Bota a andar a Comisión de seguimento do Protocolo de colaboración entre o Concello e a USC

14/02/2024

Esta mañá quedou constituída a comisión interinstitucional que fará un seguimento trimestral dos avances nos diferentes ámbitos de actuación establecidos no Protocolo de colaboración asinado polo Concello e a Universidade de Santiago. A alcaldesa, Goretti Sanmartín, e o reitor da USC, Antonio López, presidiron esta primeira xuntanza formal na que se marcaron as prioridades para os próximos meses e se deu luz verde á creación de grupos de traballo que avanzarán en cuestións concretas...

Ler máis

XUVENTUDE

Últimas horas para a presentación de propostas no proceso dos Orzamentos Participativos de Xuventude

14/02/2024

Mañá, 15 de febreiro, ás 14.00 horas péchase o prazo para a presentación de propostas no proceso de Orzamentos Participativos na área de Xuventude. Calquera persoa, sen límite de idade, pode formular as súas iniciativas, se ben só os mozos e mozas de entre 16 e 30 anos poderán votar para elixir as gañadoras. A día de hoxe, xa son máis dun cento as propostas validadas no proceso, no que se decide o destino de 100.000 euros do presuposto para actividades da área de Mocidade.

Ler máis

FESTAS

A proposta "Festas do Apóstolo" gaña o concurso do desfile do Entroido nas categorías de comparsa e carroza

14/02/2024

Compostela viviu o día grande do Entroido con tradicional desfile polas rúas da cidade. Os participantes concentráronse na avenida de Ferrol para logo desfilar polas rúas de Frei Rosendo Salvado, praza Roxa, República do Salvador, Hórreo, Senra e avenida de Xoán Carlos I. A entrega de premios celebrouse na Sala Capitol, coa presenza da alcaldesa, Goretti Sanmartín, e doutros integrantes da Corporación municipal.

Ler máis

LINGUA

A gala dos Premios Youtubeiras reivindicará o galego como fogar integrador e diverso para a comunidade creadora de contidos na Rede

13/02/2024

Un total de 18 finalistas aspiran a gañar nas oito categorías nas que se dividen os galardóns nunha gala que se celebrará no Teatro Principal de Santiago baixo a presentación de Nuria Vil e Gabri Fuentes e coa actuación musical de Mondra. A gala terá lugar este sábado 17 ás 20.00 horas e será de acceso gratuíto. Para asistir como público, cómpre retirar previamente os convites na Zona C no seu horario habitual ou no despacho de billetes do Teatro Principal dende unha hora antes do inicio da gala.

Ler máis
Compartir: