XUNTA DE GOBERNO

Aprobadas as bases e a convocatoria do Premio Xohana Torres 2024

26/02/2024

A Xunta de Goberno deu luz verde á nova convocatoria do 'Premio Xohana Torres de ensaio, investigación e creación audiovisual sobre as mulleres na sociedade galega' para o ano 2024. As propostas presentadas poderán ser obras de carácter histórico, político, científico, literario, artístico que deberán abordar a participación das mulleres nos diferentes ámbitos da sociedade galega co obxectivo de reconstruír a súa memoria histórica. O executivo municipal tamén deu luz verde...

Ler máis

ALCALDÍA

O Concello homenaxea o economista Manuel Colmeiro y Penido cunha placa no parque das Ciencias

26/02/2024

O parque das Ciencias acolleu esta mañá un acto de homenaxe ao economista Manuel Colmeiro y Penido, nomeado "Científico Galego do Ano" no 2023 pola Real Academia Galega de Ciencias (RAGC). Ao evento, organizado polo Concello de Santiago en colaboración coa Academia, asistiron a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín; o presidente da RAGC, Juan Manuel Lema Rodicio, e membros da Corporación municipal.

Ler máis

MOBILIDADE E CONVIVENCIA

Máis de 1.200 nenos e nenas de 25 colexios visitan nestes días o parque infantil de tráfico

26/02/2024

O Parque Infantil de Tráfico instalado pola Policía Local en Amio recibirá nestes días a visita de máis de 1.200 alumnos e alumnas de 25 colexios de Santiago. O concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Xan Duro, achegouse esta mañá ata o recinto feiral, onde coincidiu co alumnado do CEIP Rodríguez Xixirei da Lavacolla. O edil salientou "o importante traballo que desenvolve o departamento de Educación Viaria da Policía Local, mostrando cales deben ser as prácticas seguras como péons e como...

Ler máis

CAPITAL CULTURAL

Compostela celebra o día de Rosalía no 187 aniversario do seu nacemento

23/02/2024

O 23 de febreiro de 1837 nacía Rosalía de Castro en Santiago de Compostela e para conmemorar o 187 aniversario dese nacemento celebrouse un ano máis o día da autora galega máis internacional. No marco desta efeméride, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartínn, e a concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao, asistiron á ofrenda floral organizada pola Fundación Rosalía de Castro na praza de Vigo, lugar onde naceu a poeta. O programa de actividades continuará esta tarde e mañá co Festival...

Ler máis

MOBILIDADE E CONVIVENCIA

O 15 de marzo ábrese o prazo para renovar as tarxetas de acceso á cidade histórica

23/02/2024

Dende o 15 de marzo e ata o 30 de abril, a Concellaría de Mobilidade e Convivencia abrirá un prazo excepcional para solicitar a renovación de tarxetas ou distintivos de paso e parada para o acceso á cidade histórica que estean caducadas. O prazo de vixencia destes distintivos é de dous anos, polo que todos aqueles concedidos no ano 2022 e anteriores xa caducaron ou caducarán ao longo deste 2024.

Ler máis

TURISMO

Turismo de Santiago e a Xunta de Confrarías presentan o programa de Semana Santa

22/02/2024

A concelleira de Turismo, Míriam Louzao, a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, o arcebispo da Diócese de Santiago de Compostela, Francisco José Prieto, e a presidenta da Xunta da Confrarías, María Elena Bernárdez, presentaron no Pazo de Raxoi o folleto que recolle o programa de actividades que neste ano se desenvolverán xa dende finais de febreiro e ata primeiros de abril arredor da Semana Santa. O programa en papel está xa dispoñible na oficina de información de Turismo de Santiago, na rúa do Vilar,...

Ler máis
Compartir: