LINGUA

Volven as actividades do programa Apego para fomentar a crianza en galego

01/03/2024

O Concello de Santiago relanza o programa Apego con novas actividades que comezan neste mes de marzo para a socialización en galego de nenos e nenas entre 0 e 6 anos. A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, acompañada da técnica do Departamento de Lingua, Marta Besada, deu conta en rolda de prensa das actividades deste programa que busca situar Compostela á "vangarda das políticas de promoción e defensa da lingua galega, sobretodo entre as crianzas".

Ler máis

DEPORTES

Recollida de alimentos no estadio Verónica Boquete durante o partido do domingo da SD Compostela

01/03/2024

O vindeiro domingo, durante o encontro que manterá a SD Compostela co Gimnástica de Torrelavega, recolleranse no estadio municipal Verónica Boquete produtos non perecedoiros a favor do Banco de Alimentos de Santiago (Balrial), patrocinador do partido. Todas aquelas persoas que entreguen produtos na entrada do Estadio terán o acceso de balde ao encontro. A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, participou esta mañá na presentación desta iniciativa solidaria.

Ler máis

CAPITAL CULTURAL

Josep Maria Pou chega este domingo ao Auditorio de Galicia con ‘El Padre’

01/03/2024

O actor catalán interpreta un home que pacede alzhéimer nesta adaptación ao castelán da exitosa obra de Florian Zeller. A representación terá lugar na Sala Ángel Brage a partir das 20.30 horas e as entradas poden ser adquiridas na web de Compostela Cultura, no despacho de billetes da Zona C e no do propio Auditorio.

Ler máis

PLENO

O Pleno dá luz verde ao Estudo de detalle da USC para a construción das facultades de Ciencias da Saúde

29/02/2024

O Pleno municipal aprobou de xeito definitivo o Estudo de detalle da zona de edificación universitaria ZEU-25 presentado pola USC para o desenvolvemento dun espazo dedicado a acoller as titulacións de Ciencias da Saúde. Este Estudo permite ordenar os volumes edificables establecidos no Plan Especial de Ordenación do Campus Universitario de Santiago (PE-8) que afectan a este ámbito situado na beira norte da avenida Mestre Mateo e axustalos así ao proxecto arquitectónico escollido no concurso aberto convocado pola USC. A Corporación...

Ler máis

PLENO

Sete figuras destacadas e vinculadas a Compostela serán recoñecidas polo Concello de Santiago

29/02/2024

O Pleno municipal aprobou esta mañá por unanimidade o outorgamento das Medallas de ouro da cidade a Tareixa Navaza González e a Luís Pasín Liñares; o nomeamento como Fillos predilectos de Santiago a Aurora (Aurichu) Pereira Carballo a título póstumo e de Ezequiel Méndez Vidal; e como Fillos adoptivos a José Porto Buceta e a título póstumo a Manuel Quintáns Suárez. Ademais, o Concello porá o nome de Luis Rial Suárez a unha rúa da cidade e instalará unha placa no seu...

Ler máis

CAPITAL CULTURAL

Abraham Cupeiro presenta ‘Mythos’ no Auditorio de Galicia

29/02/2024

Os sons mitolóxicos recuperados polo multiinstrumentista e investigador sarriao, nesta ocasión arroupados pola Orquestra Gaos, volverán encher a Sala Ángel Brage do Auditorio este sábado a partir das 20.30 horas. As entradas para o concerto poden ser adquiridas en Ataquilla.com

Ler máis

EMPREGO

Asinado o V Pacto Local polo Emprego de Santiago

28/02/2024

O Concello de Santiago asinou hoxe o V Pacto Local polo Emprego con representantes da Universidade, a Cámara de Comercio, a Asociación Empresarial do Tambre, Hostelería Compostela, Hostalaría.gal, a Plataforma polo Emprego, e os sindicatos UXT e Comisións Obreiras. A firma correu a cargo de Xan Duro, concelleiro de Promoción Económica en funcións por mor da situación de baixa médica da responsable do departamento, María Rozas. O edil salientou que "o documento aprobado hoxe é unha folla de ruta para...

Ler máis
Compartir: