INNOVACIÓN

Apróbanse as licitacións de compra pública innovadora do proxecto Smartiago por un valor estimado de máis de tres millóns de euros

09/07/2020

A Xunta de Goberno Local, nunha sesión extraordinaria, aprobou hoxe a apertura do procedemento para licitar tres contratos do programa Smartiago, por un valor estimado de 3.338.292,27 euros (IVE engadido). Corresponden a proxectos mobilidade intelixente e sostible, xestión sostible e intelixente dos residuos sólidos urbanos, e alumeado ornamental intelixente para a conservación do patrimonio.

Ler máis

TURISMO

Santiago de Compostela premia os seus turistas con visitas guiadas pola cidade

09/07/2020

Santiago Prémiate permitirá que os/as turistas que visiten Santiago a partir do 15 de xullo poidan recibir como agasallo visitas guiadas pola cidade que de xeito regular teñen un prezo de venda ao público de 12 euros. A única condición para poder acceder a esta promoción é pasar un mínimo de tres noites nun hotel ou pensión da cidade.

Ler máis

MOBILIDADE

Tussa constata a recuperación "sostida" do transporte urbano e agarda unha situación "normalizada" a finais de ano

08/07/2020

Tussa celebrou este mércores o seu Consello de Administración, no que se analizou a situación económica da sociedade municipal e as súas perspectivas para os vindeiros meses a raíz da Covid-19. O nivel de recuperación de usuarios do transporte urbano é lento, situándose no 52% neste mes de xullo, e debuxa un escenario para a entidade de perdas de case 500.000 euros para este exercicio 2020.

Ler máis

COMERCIO

Publicadas as listaxes provisionais das axudas para a mellora e innovación do comercio local

08/07/2020

O Departamento de Comercio vén de publicar as listaxes provisionais das axudas para a mellora e innovación do comercio local, incluídas no programa "Coidar para mellorar" e postas en marchas xunto co Departamento de Políticas Lingüísticas. A dotación definitiva para cada unha das liñas, condicionada á declaración da súa dispoñibilidade logo de que se aproben as modificacións orzamentarias que cumpran, queda do seguinte xeito: liña A, 154.340 €; liña B, 23.040 €; e liña C,...

Ler máis

PARQUES E XARDÍNS

Actividades lúdicas e ambientais este verán en Belvís para descubrir as aplicacións das plantas

08/07/2020

A concelleira de Medio Ambiente e Parques e Xardíns, Mila Castro, e o responsable municipal de Parques e Xardíns, Gregorio López, presenaron unha nova edición do programa de actividades "Verán en Belvís", que forma parte da programación de actividades de educación e sensibilización ambiental que a concesionaria do mantemento das zonas verdes, Ferrovial, realiza no Centro de Interpretación de Parques e Xardíns (CIPX), situado en Belvís.

Ler máis

TURISMO

Santiago acollerá a cuarta edición do Fairway do 8 ao 10 de novembro

07/07/2020

"O Ano Santo 2021 é unha oportunidade diferencial para Santiago poda retomar a tendencia turística crecente dos últimos anos", apuntou o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, na rolda de prensa de presentación de Fairway, IV Fórum do Camiño de Santiago. O evento conta co apoio do Concello a través de Turismo de Santiago.

Ler máis

INNOVACIÓN

O Consorcio mellora a accesibilidade da sede do Conservatorio Histórico coa instalación dun ascensor

07/07/2020

O alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da Cidade, Xosé A. Sánchez Bugallo, visitou esta mañá a obra xa rematada de instalación dun ascensor no edificio situado na Praza de Salvador Parga nº 4, na cidade histórica compostelá, que na actualidade é sede do Conservatorio Histórico, do Ateneo de Santiago e da Real Sociedade Económica de Amigos do País. O Consorcio asumiu a elaboración do proxecto a través da súa Oficina Técnica, o financiamento íntegro da obra, ademais dos...

Ler máis

INNOVACIÓN

O Concello licitará contratos por valor de case catro millóns de euros a través do Smartiago

07/07/2020

O Concello de Santiago de Compostela recibiu un total de 63 propostas durante o proceso de Consultas Preliminares ao Mercado do proxecto Smartiago, cofinanciado pola Unión Europea, que contou ademais coa participación de 57 entidades. É o balance que ofreceu o concelleiro de Presidencia, Relacións Institucionais e Turismo, Gumersindo Guinarte, no webinar "A tecnoloxía e a innovación como resposta aos retos dunha cidade patrimonio", organizado polo municipio compostelán e ao que asistiron preto dun cento de persoas.

Ler máis

POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS

O Concello de Santiago renova durante o mes de xullo a convocatoria de #Fotolingua, que neste 2020 vai pola quinta edición

06/07/2020

O concurso #Fotolingua alcanza a súa quinta edición co obxectivo de sumar maior visibilidade aos negocios que se comprometen co uso do galego grazas á colaboración da súa clientela e do público en xeral. A nova edición do certame foi presentada este luns en rolda de prensa pola concelleira de Políticas Lingüísticas, Noa Díaz.

Ler máis
Compartir: