CONSORCIO

O Consorcio pon en marcha as obras de mantemento da igrexa de San Frutuoso

20/07/2020

No marco do programa de restauración de monumentos do Consorcio de Santiago, o organismo interadministrativo vai iniciar as obras de mantemento da igrexa de San Frutuoso, por un importe global de 103.363,33 euros. A empresa adxudicataria é Murúa, S.C. Prevese que a intervención estea rematada nun período de catro meses.

Ler máis

CONSORCIO

O 7 de agosto remata o prazo de inscrición na nova edición do Curso de Especialización Instrumental da EAEM

20/07/2020

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, organiza unha nova edición do Curso de Especialización Instrumental 2020-2021. Esta iniciativa diríxese a estudantes de música de grao medio ou superior que desexen perfeccionarse nalgún destes instrumentos: violín, viola, violoncello, contrabaixo, frauta, óboe, clarinete, fagot, trompa, trompeta, trombón ou percusión. O prazo de inscrición remata o 7 de agosto.

Ler máis

ALCALDÍA

O Concello de Santiago lembra á veciñanza a obriga de limpar de maleza os terreos da súa propiedade

17/07/2020

Este domingo, o Concello publicará un bando no que o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, recorda aos veciños e veciñas a obriga de limpar a maleza dos terreos en solos urbanos e núcleos rurais da súa propiedade. Tal como se expresa neste requirimento xeral, en cumprimento do disposto na Lei 3/200, de Prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, "os/as titulares/propietarios/as de parcelas ou terreos situados en solo urbano, urbanizable e núcleo rural teñen o deber de mantelos nun adecuado estado de limpeza...

Ler máis

EDUCACIÓN

"Desde 1880", de Pietro Gottusso, gaña a XIII edición do Premio Internacional "Compostela" de Álbums Ilustrados

17/07/2020

O XIII Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados xa ten obra gañadora, despois de que hoxe se coñecera o fallo do xurado desta edición. Trátase da obra presentada baixo o lema Desde 1880, do italiano Pietro Gottusso. O alcalde compostelán, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Educación, Noa Díaz, pasaron esta mañá a saudar o xurado e a coñecer polo miúdo as obras triunfadoras do certame.

Ler máis

ALCALDÍA

"Compostela Photo" enche de arte os portóns de 15 garaxes do Ensanche

17/07/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, inaugurou Compostela Photo, unha iniciativa de Santiago Centro que cubre de arte os portóns de 15 garaxes do Ensanche, grazas a fotografías en gran formato relacionadas co Camiño de Santiago e as peregrinacións. O Concello colabora con esta iniciativa cunha achega de 5.000 euros.

Ler máis

FESTAS

Un emotivo pregón en torno á "Compostela que plantou cara á pandemia" abriu as festas do Apóstolo

17/07/2020

Os balcóns do Pazo de Raxoi acolleron un ano máis o pregón que anunciou o inicio das festas do Apóstolo, que se celebrarán ata o 31 de xullo. O xornalista Luis Pardo exerceu de pregoeiro, xunto cunha persoa que superou a Covid-19, Xosé Antonio Perozo, e unha enfermeira do 061, Eli Dosil, nun emotivo discurso que lembrou as vítimas da pandemia e agradeceu o traballo de todos os colectivos que durante estes meses velaron pola saúde e benestar da cidadanía de Santiago de Compostela.

Ler máis

TURISMO

Santiago Prémiate agasalla coas primeiras visitas a un grupo de dez persoas

17/07/2020

Un primeiro grupo de dez persoas visitou onte a cidade da man da Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia como agasallo por pasar un mínimo de tres noites nun hotel ou pensión da cidade dentro do novo programa Santiago Prémiate. O prezo de venda ao público deste agasallo é de 12 euros por persoa.

Ler máis

ALCALDÍA

Sánchez Bugallo asistiu ao acto de entrega dos premios Argos

17/07/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asistiu este venres no Pazo de Fonseca ao acto de entrega da VII edición dos premios Argos – Creando equipos emprendedores, da USC. Esta convocatoria pretende conformar equipos interdisciplinares de persoas emprendedoras, ás que se lles facilita acompañamento e asesoramento no proceso de definición dunha idea de negocio, ademais de avaliar a súa capacidade para chegar a constituír un proxecto empresarial convincente

Ler máis
Compartir: