ALCALDÍA
Minuto de silencio polas persoas veciñas de Laraño falecidas nun accidente
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio polo pai e a súa filla, veciños de Laraño, falecidos o domingo nun accidente de tráfico
RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
A Comisión de Seguimento do protocolo entre a USC e o Concello de Santiago cumpre coa axenda marcada e define áreas de traballo específicas na súa primeira reunión
Entre as resolucións acordadas pola Comisión nesta primeira xuntanza, tratouse a proposta de subscrición por parte da USC de acordos con entidades promotoras de residencias universitarias baixo condicións específicas de acordo co Concello. A xestión administrativa e transferencia do coñecemento, o Plan Especial do Campus, así como a delimitación dos seus viais, e as infraestruturas son os primeiros eixes de traballo para os que se constituirán grupos de traballo específicos nas próximas semanas
ACCIÓN CULTURAL
‘Paüra’: música, teatro e circo para superar os medos a forza de gargalladas
"Se non podes co medo, únete a el". Velaí a premisa que dá inicio a Paüra, o espectáculo da Compañía Lucas Escobedo que poderá verse no Auditorio de Galicia este sábado, día 9 de marzo, ás 18.30 horas. Esta montaxe interxeracional que enfeitiza tanto a rapazada como o público adulto reivindica o humor e a poesía como recursos para enfrontar os medos, vencelos ou deixalos marchar. A cabalo entre disciplinas, preséntase como un concerto teatral (con música en directo), que bota man...
IGUALDADE
O Concello de Santiago lanza a campaña "Construamos o termo feminista de Compostela" e distingue varias mulleres vinculadas coa cidade polo 8 de marzo
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, acompañada polas coordinadoras da campaña de 7H Sociedade Cooperativa Galega, presentou esta mañá a iniciativa "Construamos o termo feminista de Compostela" que se materializará nunha serie de encontros participativos que se desenvolverán ao longo dos meses de marzo, abril e maio. O Concello de Santiago tamén fará un recoñecemento a varias mulleres que son referentes da cidade tanto pola súa traxectoria profesional como vital, no acto "Mulleres de Compostela...
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Bota a andar a cuarta edición de "Somos Cultura" para difundir a riqueza das industrias culturais de Compostela
Neste mes de marzo, as redes sociais encheranse de contidos audiovisuais para animar o consumo cultural e poñer en valor a fortaleza das industrias culturais de Santiago. Será no marco da campaña "Compostela Somos Cultura", impulsada desde a Concellaría de Promoción Económica, e que chega á súa cuarta edición. O edil do departamento en funcións, Xan Duro, presentou hoxe o programa, nunha rolda de prensa na que participaron o director artístico do proxecto, Xacobe Martínez Antelo, e a técnica...
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno adxudica o contrato do servizo de mantemento das pistas deportivas exteriores municipais de acceso libre
O executivo municipal deu luz verde esta mañá á adxudicación do contrato para o servizo de inspección, mantemento, limpeza e traballos auxiliares das pistas deportivas exteriores de acceso libre do Concello de Santiago á empresa ACEINSA MOVILIDAD SA, por un importe de 275.880 euros (228.000 euros máis 47.880 euros de IVE). O executivo municipal tamén aprobou a lista de persoas autorizadas para usar as hortas urbanas municipais de Cotaredo.
CAPITAL CULTURAL
A Real Filharmonía de Galicia estrea a obra ‘De mar a mar’ do compositor galego Jacobo Gaspar
O programa, que leva por título ‘Ondas de inspiración’, tamén inclúe obras de Stravinski e Schumann e será dirixido por Johanna Malangré. Enmarcado no ciclo (EN)FOCO, o concerto contará cos comentarios da musicóloga Rosa Fernández e desenvolverase na Sala Ángel Brage do Auditorio de Galicia o venres, 8 de marzo ás 20.30 horas
LINGUA
Máis de medio cento de vídeos recibidos para participar na sétima edición do Enreguéifate
"Temos madeira regueifeira!" era o lema elixido para esta sétima edición do Enreguéifate. Unha afirmación que quedou constatada coa participación récord deste ano, xa que o certame vén de pechar inscricións cun total de 56 vídeos recibidos, 47 deles na categoría escolar e 9 na xeral. Entre elas, regueifas chegadas dende todos os recunchos das catro provincias galegas (Ames, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela, Teo, Vigo, Vilalba, A Coruña, Viana do Bolo, Melide, Vila de Cruces ou Dodro, entre...
CAPITAL CULTURAL
‘Deadpan Karaoke’ fai do público o auténtico protagonista
O Teatro Principal acolle esta semana dous pases da última montaxe de Ibuprofeno teatro: o xoves 7 e o venres 8 ás 20.30 horas. Patricia Rodríguez, na dirección, e Marián Bañobre, na interpretación, encabezan un equipo creativo composto maioritariamente por mulleres.
ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS
Ampliado ata o 10 de marzo o prazo para votar nos Orzamentos Participativos da Concellaría de Xuventude
A Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude vén de ampliar, ata o próximo día 10, o prazo para votar nos Orzamentos Participativos de Mocidade. Faino despois de ter constatado un repunte da participación no proceso nos últimos días, e diante da solicitude de varios centros educativos de habilitar puntos para a votación presencial. A día de hoxe xa se tén superado o número de persoas participantes con respecto a anteriores procesos de Orzamentos Participativos de...