EDUCACIÓN

Recepción aos/ás participantes no Campamento Don Bosco

03/08/2020

A concelleira de Educación, Noa Díaz, recibiu na praza do Obradoiro as mozas e mozos da cidade que participan no Campamento Urbano do Centro Don Bosco. Tamén participaron no acto os concelleiros José Antonio Constenla (PP), Branca Novoneyra (CA) e Goretti Sanmartín (BNG). Todos/as recibiron como agasallo a camiseta deste ano do campamento.

Ler máis

POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS

Martes de contos en Bonaval durante o mes de agosto

03/08/2020

As actividades do Apego continúan durante o mes de agosto, pero desta volta saen ao aire libre. Para seguir favorecendo un espazo e un tempo de encontro entre familias interesadas na crianza en galego e para ofrecer propostas de contido cultural para o lecer infantil en galego, póñense en marcha os Martes de contos no parque.

Ler máis

ROLDA DE PRENSA

A Xunta de Goberno aproba as bases das subvencións para o deporte federado

03/08/2020

A Xunta de Goberno Local, na súa sesión ordinaria deste luns, aprobou a convocatoria de subvencións para o fomento do deporte federado correspondente ao exercicio 2020. Tamén se deu o visto bo ás renovacións e novas autorizacións das hortas municipais de Fontiñas-Cotaredo e adxudicáronse as obras de acondicionamento interior do xacemento do Castelo da Rocha Forte.

Ler máis

ALCALDÍA

O Concello homenaxea a Isaac Díaz Pardo cunha escultura na Alameda

01/08/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, asistiron na Alameda á inauguración da escultura en homenaxe a Isaac Díaz Pardo, que conmemora os cen anos do seu nacemento. Un Isaac Díaz Pardo sentado, mirando a perspectiva da cidade vella e unha placa, co lema "Santiago é a cidade que se configurou como centro de toda Galicia e na que meu pai me gravou na testa unha estreliña forxada na irmandade da luz e da liberdade", recórdannos a figura do insigne...

Ler máis

ALCALDÍA

Convenio coa Área Empresarial do Tambre para impulsar o desenvolvemento do Polo de Biotecnoloxía

01/08/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o presidente da Asociación Área Empresarial do Tambre, José Fernández Alborés, asinan o convenio a través do que o Concello de Santiago destina unha achega á entidade empresarial de 50.000 euros. Unha cantidade destinada, principalmente, a fomentar e impulsar o desenvolvemento do Polo de Biotecnoloxía, así como outros obxectivos incluídos no marco do programa Compostela Móvese 2020 COVID-19.

Ler máis

ALCALDÍA

Sánchez Bugallo propón o traslado do mercado dos xoves á rúa de Roma como unha das fórmulas para activar Área Central

31/07/2020

Recuperando un tema abordado no Pleno ordinario deste xoves, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, mostrou a dispoñibilidade municipal a estudar acción de apoio a Área Central. Entre esas posibles accións citou a posibilidade de trasladar o mercado dos xoves á rúa de Roma. Pero en calquera caso e en referencia a outro tipo de apoios e á consideración da titularidade privada do espazo, indicou que "non se poden xerar agravios comparativos nin escenarios discriminatorios" con outros espazos da cidade.

Ler máis

MEDIO RURAL E CENTROS SOCIOCULTURAIS

Remata o "Verán no rural"

31/07/2020

Este venres remataron as actividades do programa Verán no rural, que se desenvolveron durante este mes de xullo en seis centros socioculturais do rural. A proposta estaba dirixida a nenos e nenas de 4 a 12 anos, que durante estas semanas puideron desfrutar, dun xeito seguro, de múltiples actividades ao aire libre, como obradoiros, camiñadas ou xogos de auga.

Ler máis
Compartir: