ALCALDÍA

O Concello de Santiago lembra a figura e o legado de Isaac Díaz Pardo na celebración dos cen anos do seu nacemento

21/08/2020

A alcaldesa en funcións, Mercedes Rosón, destaca a figura de Isaac Díaz Pardo cando se cumpren cen anos do seu nacemento (o 22 de agosto de 1920). Segundo a concelleira de Acción Cultural, "a súa idea de país abarcábao todo, dende a parte política, ata a cultura, industria, educación ou lingua. Soubo, como ninguén, describir e por en valor o espírito da galeguidade herdado das Irmandades da Fala". Engade que durante toda a súa vida, "mantivo acesa e compartiu a luz da liberdade", para que...

Ler máis

TURISMO

Máis de 400 turistas participaron xa nas visitas guiadas do programa Santiago Prémiate

19/08/2020

Santiago Prémiate, froito da colaboración entre Turismo de Santiago e a Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia, permite que as persoas que visitan Santiago poidan recibir como agasallo visitas guiadas pola cidade, cun prezo de venda ao público de 12 euros por persoa. A única condición para poder acceder a esta promoción é pasar un mínimo de tres noites nun hotel ou pensión da cidade.

Ler máis

ALCALDÍA

Un ano máis honrando a memoria de Ánxel Casal

19/08/2020

A alcaldesa en funcións, Mercedes Rosón, participou este mércores na ofrenda floral a Ánxel Casal realizada polos concellos de Santiago e Teo con motivo do 84 aniversario do seu asasinato. Finalmente, os actos de homenaxe previstos tiveron que ser adiados por mor do mal tempo.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

A MICE celebra a súa 15ª edición do 25 ao 29 de agosto cun formato que combina actividades presenciais e online

17/08/2020

O 25 ao 29 de agosto celebrarase a 15ª edición da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE), que contará cun formato mixto no que se combinarán as actividades online e presenciais. A Sección Oficial desta edición está composta por quince filmes, nos que destaca a presenza de obras europeas e asiáticas que pasaron por festivais como a Visions du Réel ou DocLisboa. Dez destes filmes terán na MICE a súa estrea española.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

Novas tarifas para os estacionamentos de Belvís, Xoán XXIII e Salgueiriños

17/08/2020

A Xunta de Goberno Local, na súa reunión ordinaria deste luns aprobou a revisión de tarifas dos aparcadoiros municipais xestionados pola empresa municipal TUSSA. Acordáronse subas nos prezos dos aparcadoiros de Belvís, Xoán XXIII e Salgueiriños, motivados polo incremento dos custos de persoal e dos gastos de explotación.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

"De Lugares e Órganos" achega o patrimonio musical da cidade na súa quinta edición

13/08/2020

Do 20 de agosto ao 1 de setembro celébrase en Compostela o festival de música De Lugares e Órganos, que este ano chega á súa quinta edición, converténdose nunha cita consolidada na cidade. A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, acompañada da directora do ciclo, Belén Bermejo, presentou hoxe no Pazo de Raxoi esta cita cita musical ineludible, que pon en valor o patrimonio instrumental da cidade.

Ler máis

ALCALDÍA

Santiago únese á homenaxe a Isaac Díaz Pardo da cidade arxentina de Magdalena

13/08/2020

O Concello de Santiago únese aos actos de conmemoración do centenario do nacemento de Isaac Díaz Pardo que a cidade arxentina de Magdalena celebrará o vindeiro 22 de agosto. O rexedor compostelán, Xosé Sánchez Bugallo, remitiu ao seu intendente, Gonzalo Peluso, e aos veciños e veciñas desta localidade un vídeo saudando esta iniciativa, que incluirá unha videoconferencia coa participación de representantes de Santiago de Compostela e de Magdalena.

Ler máis
Compartir: