ACCIÓN CULTURAL

O XXI Ciclo Lied explorará ‘A beleza da melancolía’ con tres concertos no Teatro Principal

15/09/2020

O Ciclo Lied, organizado polo Concello de Santiago coa dirección da Asociación de Amigos da Ópera de Santiago de Compostela e co apoio da Deputación da Coruña, celebra neste 2020 a súa vixésima primeira edición. Baixo o título A beleza da melancolía, o programa deste ano trazará un percorrido pola estreita relación que se establece no xénero entre a poesía e a música, así como as emocións que se debullan nestas composicións de carácter intimista e evocador....

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

O Concello de Santiago estima en 38.000 euros mensuais o sobrecusto no servizo de limpeza dos centros escolares por mor da COVID-19

14/09/2020

A Xunta de Goberno local, en sesión ordinaria, deu conta do informe interno no que se detalla ese gasto extra, así coma doutro informe, neste caso elaborado pola Deputación da Coruña a petición de varios concellos – o de Santiago de Compostela entre eles – no que se conclúe que debe ser a Xunta a que compense ás administración locais polo custo do servizo de desinfección nos centros educativos de titularidade autonómica. O concelleiro secretario do Xunta de Goberno, Sindo Guinarte, informou en rolda de prensa dos asuntos...

Ler máis

CONSORCIO

O 28 de setembro remata o prazo para solicitar as axudas do Consorcio para a adecuación dos locais comerciais da cidade histórica

14/09/2020

O Consorcio de Santiago vai destinar 120.000 euros á adecuación dos locais comerciais da cidade histórica compostelá como apoio á recuperación económica trala COVID-19. Os interesados en beneficiarse desta convocatoria de axudas deberán presentar as solicitudes e a documentación requirida no rexistro do Consorcio, situado no número 59 da Rúa do Vilar, ou en calquera outro rexistro. O prazo remata o vindeiro 28 de setembro.

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde felicita os equipos directivos dos colexios públicos de Santiago polo "traballo extraordinario", que permitiu iniciar o curso escolar sen incidencias

11/09/2020

Sánchez Bugallo fixo extensivo este agradecemento aos departamentos municipais implicados, ás empresas concesionarias e ás contratas, porque nas condicións marcadas pola COVID conseguiuse que "o 100% dos servizos estivesen atendidos en tempo e forma", o que supón, en palabras do rexedor "unha capacidade e unha profesionalidade extraordinaria".

Ler máis

EDUCACIÓN

Comeza o curso escolar en infantil e primaria en Compostela sen incidencias

10/09/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, visitaron esta mañá o colexio Pío XII, para comprobar in situ o inicio do curso escolar. O rexedor salientou a "tranquilidade" coa que comezaron tanto as clases coma os servizos de comedor e madrugadores xestionados polo Concello.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Arranca o festival de artes performativas Plataforma

10/09/2020

Entre o 10 e o 18 de setembro de 2020 terá lugar en Compostela a primeira edición do festival de artes performativas Plataforma, un proxecto que baixo o fío da performatividade quere tender pontes entre as artes visuais e as artes vivas, a música, a arquitectura e o deseño. A terraza do Pazo de Raxoi acolleu esta mañá a presentación do evento por parte da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosó; o director xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo; o director do CGAC, Santiago Olmo; e os tres directores do...

Ler máis
Compartir: