CONSORCIO

Rematan as obras na capela de Santas Mariñas do Sar, promovidas polo Consorcio de Santiago

27/10/2020

O Consorcio de Santiago vén de rematar as obras de mantemento na capela de Santas Mariñas do Sar, por un importe global de 52.959,28 euros. O responsable deste proxecto é o arquitecto da Oficina Técnica do Consorcio Pablo Tomé. Explica que a actuación encamiñouse á realización das tarefas de reconstrución do tellado, renovación da pintura das fachadas e renovación da drenaxe exterior dos muros.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

As Xornadas de Ilustración Urbana volven a Compostela en formato virtual

26/10/2020

Volven un outono máis as Xornadas de Ilustración Urbana; este ano, estreando formato completamente virtual, tal como anunciou a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, en rolda de prensa esta mañá. Acompañada do deputado provincial de Cultura, Xurxo Couto, e da organizadora das Xornadas, Gemma Sesar, Rosón presentou o programa para a edición 2020, cuxas actividades se celebrarán ao longo do día 7 de novembro.

Ler máis

ACCION CULTURAL

Santiago de Compostela recorda a vinculación de García Lorca coa cidade cunha escultura na Alameda

25/10/2020

O poeta e dramaturgo Federico García Lorca xa ten a súa escultura na Alameda, no paseo da Ferradura, baixando a escaleira de Santa Susana, co mono azul que utilizaba nas xiras coa compañía da Barraca, e mirando cara a estatua de Rosalía de Castro, a súa admirada poetisa. Inaugurouna o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, no Día de García Lorca en Galicia, acompañado da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón; o autor da figura escultórica, Álvaro de la Vega; e o editor...

Ler máis

PROMOCIÓN ECONÓMICA

Un museo Centro Gaiás virtual acolle en enovembro a Maker Faire Galicia, que estrea un novo formato en liña

25/10/2020

Unha recreación virtual en 360 graos deste espazo será o marco no que as persoas que se conecten desde calquera lugar poidan interactuar cos proxectos expostos no encontro, unha das feiras ‘maker’ máis importantes de Europa. Xa está aberta a inscrición para asistir á sexta edición deste escaparate da creatividade e do enxeño, que do 18 ao 22 de novembro despregará tamén un programa de obradoiros e relatorios que se poderán seguir por videoconferencia.

Ler máis

COVID19

A partir desta tarde péchanse as pistas polideportivas

23/10/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sinalou que se deu orde para que a partir desta tarde se pechen as pistas polideportivas. A razón: a orde da Xunta de Galicia de 21 de outubro de 2020 referida a Santiago de Compostela, que establece que non pode haber deportes de contacto, nin grupos de máis de cinco persoas, e que ademáis teñen que ser convivintes.

Ler máis
Compartir: