PLENO

O Pleno dá o visto bo ao Plan de acción para o clima e a enerxía sustentable do Concello de Santiago

26/11/2020

Na sesión ordinaria do mes de novembro, o Pleno da Corporación aprobou o PACES, o Plan de acción para o clima e a enerxía sustentable, que busca diminuír nun 40%, como mínimo, as emisións de gases de efecto invernadoiro de aquí a 2030. Tamén se aprobaron por unanimidade dúas mocións para apoiar o comercio de proximidade e fomentar a compra de produtos galegos; e para iluminar o tramo de estrada que une Pazos coa Igrexa de Figueiras.

Ler máis

ALCALDÍA

Talentia Summit ‘20 conságrase como a feira virtual de emprego de referencia

26/11/2020

Dende a apertura de inscricións, a web talentiasummit.com rexistrou máis de 43.000 usuarios activos e 300.000 vistas a páxinas, sendo a edición máis seguida de Talentia Summit. Mañá venres 27 ás 18.00h celébrase o Foro estratéxico de clausura, que contará coa presenza do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; e do ministro de Ciencia e Innovación Pedro Duque, que participará de forma telemática.

Ler máis

ALCALDÍA

Arrancan as obras de construción do enlace orbital, infraestrutura "imprescindible" para a mellora das comunicacións entre os polígonos empresariais do norte da cidade, a AP-9 e a A-54

25/11/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, referiuse a esta infraestrutura como "imprescindible" para mellorar as conexións viarias do norte da cidade no acto de inicio das obras, no que participou xunto ao delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada. Tamén estiveron presentes os voceiros dos grupos municipais e representantes da Cámara de Comercio e da Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre.

Ler máis

IGUALDADE

O manifesto municipal do 25N destaca o agravamento das desigualdades de xénero polas consecuencias socioeconómicas derivadas da pandemia

25/11/2020

A praza do Obradoiro acolleu esta mañá o acto principal do Concello de Santiago con motivo da celebración do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. A Corporación presidiu esta cerimonia, na que se leu un manifesto institucional no que se destacou, especialmente, o agravamento da situación de desigualdade a causa das consecuencias socioeconómicas derivadas da COVID19.

Ler máis

SMARTIAGO

Comienza a desarrollarse Biolumen, el proyecto de iluminación innovadora de Smartiago

24/11/2020

Hoy se presentó Biolumen, el proyecto de CPI (Compra Pública de Innovación) de Smartiago, que tiene como objetivo el desarrollo e implementación de sistemas de alumbrado innovadores en edificios patrimoniales, que permitirán reducir el consumo energético en un 80% e influir en el crecimiento de la biodiversidad sobre sus fachadas. Este sistema de alumbrado ornamental, pionero a nivel mundial, se adjudicó a un consorcio del que forman parte la empresa Televés, Ferrovial y la USC por un importe de 613.581 euros, IVA inlcuido, cofinanciado...

Ler máis

SMARTIAGO

Comeza a desenvolverse Biolumen, o proxecto de iluminación innovadora de Smartiago

24/11/2020

Hoxe presentouse Biolumen, o proxecto de CPI (Compra Pública de Innovación) de Smartiago, que ten como obxetivo o desenvolvemento e implementación de sistemas de alumeado inovadores en edificios patrimoniais, que permitirán reducir o consumo enerxético nun 80% e influir no crecemento da biodiversidade sobre as súas fachadas. Este sistema de alumeado ornamental, pioneiro a nivel mundial, adxudicouse a un consorcio do que forman parte a empresa Televés, Ferrovial e a USC por un importe de 613.581 euros, IVE engadido, cofinanciado nun 80% polo...

Ler máis

PROMOCIÓN ECONÓMICA

As axencias de desenvolvemento de España reflexionan sobre o seu futuro nunha xornada telemática

24/11/2020

A xornada "as axencias públicas de desenvolvemento ante o desafío transformador da COVID 19" celebrarase o 26 de novembro en formato telemático e terá cinco mesas de debate. Está organizada pola Axencia Municipal de Desenvolvemento de Ejea de los Caballeros, SOFEJEA, co financiamento de IAF e a colaboración de Rede Innpulso, Redel, Rede Arce e Rede Aragonesa de Desenvolvemento Rural. Nela participará a técnica de Promoción Económica do Concello, Carme Casado.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

"Escenas do cambio" trae a Santiago, do 18 ao 21 de febreiro, 11 propostas escénicas procedentes de cinco países

24/11/2020

O festival de inverno, de teatro, danza e arte en acción, Escenas do cambio, concentrará nunha fin de semana longa de febreiro, desde o xoves 18 ao domingo 21, un total de 11 propostas escénicas procedentes de cinco países: España, Portugal, Francia, O Reino Unido e O Xapón. Destas pezas, dúas serán estreas absolutas e tres poderán verse por vez primeira en España neste certame, que contará nesta sétima edición con nova directora, a galega Lola Correa.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno aproba a apertura do procedemento de adxudicación do servizo de mantemento e conservación dos espazos verdes do concello por preto de 12.700.000 euros

23/11/2020

A Xunta de Goberno Local aprobou a apertura do procedemento de adxudicación do expediente do "servizo de mantemento, conservación e mellora dos espazos verdes e do arboredo do Concello de Santiago de Compostela", así como a aprobación do gasto correspondente que ascende a 12.695.974,29 euros. Segundo explicou o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, este contrato afecta á conservación e mantemento dunha superficie de 2.693.000 metros cadrados de parques e espazos verdes do concello, quedando excluídos os de Salgueiriños...

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

O Concello pon en marcha una campaña de promoción e un directorio das industrias culturais de Santiago de Compostela

23/11/2020

O Concello de Santiago, co obxecto de impulsar medidas de reactivación económica a corto, medio e longo prazo, por mor da emerxencia sanitaria provocada polo COVID19 e as sucesivas crises da mesma índole que poidan acontecer nun futuro, decidiu poñer en marcha un proxecto de posta en valor de artistas, profesionais e empresas que conforman o sector cultural de Compostela. Presentouno en rolda de prensa esta mañá a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, acompañada de Fátima Rodríguez, da empresa Promove...

Ler máis
Compartir: