EDUCACIÓN

O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade convoca a oitava edición do seu programa pedagóxico para escolares "Aula de patrimonio"

30/11/2020

O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España convoca a oitava edición do programa pedagóxico Aula de patrimonio, no marco do curso escolar 2020-2021, destinado a estudantes das 15 cidades membros da rede: Alcalá de Henares, Ávila, Baeza, Cáceres, Córdoba, Cuenca, Eivissa/Ibiza, Mérida, Salamanca, San Cristóbal de la Laguna, Santiago de Compostela, Segovia, Tarragona, Toledo e Úbeda.

Ler máis

MOBILIDADE

O martes 1 de decembro arranca a peonalización do ámbito de Mazarelos

28/11/2020

A Xunta de Goberno do 23 de novembro de 2020 aprobou a peonalización do ámbito formado polas rúas Travesa da Universidade, praza da Universidade, praza da Fonte Seca e praza e rúa de Mazarelos en dúas fases: a primeira delas, dende o 1 de decembro, na que se permitirá a presenza de vehículos nestas rúas ata as 15.00 horas; e unha segunda fase, un mes despois, cunha peonalización total, sen convivencia cos vehículos.

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde agarda que as medidas restritivas vixentes na cidade se flexibilicen a partir do venres 4 de decembro

27/11/2020

A pesar da boa evolución das cifras da pandemia na cidade, as restricións vixentes non se levantarán este venres 27 de novembro. Así llo comunicou o conselleiro de Sanidade ao alcalde nunha chamada que se producía mentres o rexedor comparecía en rolda de prensa. Está previsto que o comité clínico se reúna de novo o martes e tome unha decisión a este respecto de cara ao venres 4 de decembro.

Ler máis

EMPREGO

Remata a edición máis virtual de Talentia

27/11/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; e o ministro de Ciencia e Innovación, Pedro Duque, que asistiu de forma telemática, clausuraron o foro Talentia 2020, poñendo o broche final a unha edición especial marcada pola virtualidade a causa da pandemia. No acto tamén estivo presente o reitor da USC, Antonio López.

Ler máis

CENTROS SOCIOCULTURAIS

A organización supramunicipal Kaleidos.red, da que forma parte o Concello de Santiago, define as súas liñas de actuación para 2021

26/11/2020

O padrodado de Kaleidos.red, organización da que forma parte o Concello de Santiago, aprobou as liñas de actuación do ano 2021 marcadas polos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) de Nacións Unidas, especialmente os números 16, no relativo ao fortalecemento das institucións; o número 17, de cooperación e xeración de redes para acadar eses obxectivos; e a aposta por cidades sostibles; como medio de facer fronte con garantías e eficacia aos desafíos que plantexa a actual situación de pandemia; así...

Ler máis
Compartir: