NADAL
O Nadal xa loce en Compostela
Arrancou o Nadal en Compostela co acendido das iluminación e a posta en marcha do programa de actividades pensado para todos os públicos, entre elas, o mercado de Carreira do Conde. O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado por máis membros da Corporación deu o pistoletazo de saída ao Nadal máis atípico.
TURISMO
Promoción das Cidades Patrimonio da Humanidade nos mercados emisores Asia e Italia
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade vén de participar en feiras virtuais de turismo dirixidas aos mercados estratéxicos do sudeste asiático e de Italia, organizadas polas Oficinas Españolas de Turismo, onde se presentaron os 15 destinos de España como cidades de cultura, nas que se poden gozar de contornas monumentais, gastronomía e actividades de natureza, con garantías de seguridade.
ACCIÓN CULTURAL
Charo Pita e a Banda Municipal de Santiago musican ‘O gato con botas’
O Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura acolle este domingo, 6 de decembro, a partir das 12 horas, o espectáculo ‘Unha aventura singular: o gato con botas’, unha versión musicada do conto clásico na que participa a narradora Charo Pita e a Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela coa dirección de Casiano Mouriño. Os convites para o evento pódense reservar en https://atlantica-gato-con-botas.eventbrite.es
CONSORCIO
Santiago celebrou esta mañá o 35º aniversario da declaración da cidade como Patrimonio da Humanidade
O 4 de decembro do ano 1985 a cidade de Santiago de Compostela era declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco. Hoxe mesmo cúmprese o 35º aniversario de tan transcendental efeméride. Para conmemoralo, o Consorcio de Santiago, presidido polo alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, celebrou unha xornada no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, que tamén se puido seguir de xeito online. É o cumio dunha serie de actividades que o organismo estivo a promover ao longo dos últimos meses para celebrar esta data coa cidadanía....
COMERCIO
Do luns 7 ao xoves 10 estará aberto o prazo para inscribirse no concurso de escaparatismo
Un ano máis, o departamento de Comercio convoca o concurso de escaparatismo, no que se poderán inscribir os comercios da cidade dende o luns 7 de decembro ata o xoves 10 ás 15.00 horas.
ALCALDÍA
Modificación das restricións vixentes en Santiago
En virtude do decreto do presidente da Xunta de Galicia e da orde da Consellería de Sanidade, publicadas no DOG do 3 de decembro de 2020, flexibilízanse as medidas restritivas vixentes en Santiago.
ALCALDÍA
Bando do alcalde sobre o uso peonil de varias rúas do Ensanche este Nadal
Con data do 7 de maio mediante un bando desta Alcaldía acordouse o uso peonil durante as fins de semana das rúas de maior afluencia do Ensanche, co obxectivo de facilitar a mobilidade nesta crise sanitaria e de garantir o distanciamento necesario para evitar o risco de contaxio.
SEGURIDADE CIDADÁ
Recepción aos novos policías locais
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado polo concelleiro de Seguridade e Mobilidade Cidadá, Gonzalo Muíños, recibiu os novos once integrantes da Policía local, nun acto no que tamén estivo presente o xefe do corpo, José Ramón Dieste.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio pola muller asasinada na localidade de Gondomar, vítima da violencia machista.
ACCIÓN CULTURAL
O Teatro Principal acolle o 4 e 5 de decembro o "III Concurso de Canto Compostela Lírica"
O Teatro Principal acolle, mañá venres, día 4; e o sábado, día 5 de decembro, o "III Concurso de Canto Compostela Lírica", presentado hoxe pola concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, e por Jesús Couceiro, presidente da Asociación Amigos da Ópera de Santiago de Compostela, organizadora do evento.