DEPORTES
O luns 21 abre o prazo de inscrición nunha San Silvestre marcada polas medidas anti-COVID
A concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, presentou en rolda de prensa a oitava edición da San Silvestre compostelá, que nesta ocasión terá só carácter federado e contará cun cupo de 300 prazas por mor das medidas sanitarias para a contención da pandemia. Tamén muda o escenario: será nos arredores do Estadio Verónica Boquete de San Lázaro.
COMERCIO
Escollidos os 15 establecementos finalistas do concurso de escaparatismo de Nadal
O xurado do concurso de escaparatismo elixiu onte os 15 establecementos finalistas e o vindeiro luns tomará a decisión definitiva. Hoxe venres ás 12.00 h ábrese a votación para os dous premios outorgados polo público, que se poderá realizar a través da páxina en Facebook do departamento de Comercio.
ALCALDÍA
O alcalde destaca o gran traballo de restauración realizado na Catedral de Santiago
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, destacou o gran traballo de restauración realizado na Catedral de Santiago. "É a primeira vez, dixo, que se aborda unha rehabilitación integral de todos os estilos arquitectónicos que coexisten, que conviven, dentro do templo compostelá", sinalou o rexedor.
PLENO
O Pleno acorda designar co nome de Exeria a nova praza entre a avenida de Lugo e os Concheiros
O Concello de Santiago de Compostela, a través dunha moción conxunta aprobada por unanimidade dos catro grupos con representación no pleno, acordou, na súa sesión ordinaria de decembro, convocar o Consello Asesor de Condecoracións para atender a petición de denominar "Exeria" a nova praza entre a avenida de Lugo e Os Concheiros, ademais de realizar nese emprazamento unha intervención cultural e artística que remarque a figura desta muller e a súa importancia na cultura galega.
FESTAS
Estes venres 18 arranca o autocine cos filmes A Galiña Turuleca e A illa das mentiras
Mañá, venres 18, o aparcamento de Salgueiriños acollerá o arranque dunha das novidades máis esperadas do programa de Nadal: o autocine. Será cos filmes "A Galiña Turuleca" ás 17.00 h e "A illa das mentiras" ás 19.30 h. O acceso é de balde, previa reserva.
MEDIO AMBIENTE
O comercio local distribuirá entre a clientela seis mil exemplares do manual "Santiago de Compostela recicla o Nadal", editado pola concellaría de Medio Ambiente
A concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro; e o xornalista Antonio Perozo, presentaron o manual "Santiago de Compostela recicla o Nadal", unha publicación da que se editaron 6.000 exemplares e que hoxe comeza a distribuirse nuns 250 comercios de proximidade repartidos por todos os barrios da cidade. Unha acción que ten un dobre obxectivo: fomentar os bos usos na reciclaxe e apoiar ao comercio local.
EDUCACION
Campaña de recollida de alimentos na Escola Municipal de Música
A Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela e a Escola de Altos Estudos Musicais, únense para colaborar co Banco de Alimentos-Rías Altas na campaña de recollida que se desenvolverá ata o vindeiro venres, 18 de decembro. Aínda que todos os produtos son necesarios e ben recibidos, neste momento precísanse, sobre todo, alimentos para o almorzo (cereais, galletas, etc), conservas de peixe e conservas vexetais, produtos de hixiene, potitos e cueiros de talla 4-5.
MOCIDADE
Noites Alternas despídese con dous obradoiros, teatro e un gran xogo de intriga
Este venres, 18 de decembro, rematan as actividades do programa "Noites Alternas", no que colabora o concello de Santiago. Despídese con teatro, cun xogo de intriga, e con dous obradoiros: de creación feminista e de cociña cromática. O programa, que comezou a finais de setembro, ten como obxectivos,segundo explicou o concelleiro de Mocidade, Rubén Prol, na presentación, establecer relacións persoais saudables e construtivas, apoiar a prevención de hábitos de consumo de alcol e drogas e xerar dinámicas...
ALCALDÍA
O alcalde entende a decisión de pechar perimetralmente Santiago ante o incremento de novos contaxios por COVID19, e espera que a medida sexa efectiva
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, valorou o peche perimentral de Santiago decretado polo Comité Clínico ante o incremento no número de contaxios por COVID19, que entrará en vigor na medianoite de hoxe. O rexedor asegura que aínda que "non nos agrade", é unha decisión que "temos que entender"; ante a evolución dos datos. Engade que o problema en Compostela non son os números, "é a tendencia" negativa, cun crecemento de novos casos de "en torno ao 10% diario"; e...
EDUCACIÓN
O italiano Pietro Gottuso recibe o premio internacional Compostela de Álbums Ilustrados
O ilustrador italiano Pietro Gottuso agradeceu, vía telemática, o premio internacional Compostela de Álbums Ilustrados, organizado polo departamento de Educación do Concello de Santiago e a editorial Kalandraka, que recaeu na súa obra "Desde 1880".