ACCIÓN CULTURAL

Preséntase a publicación "Caracois de Belvís", de Lupe Gómez, obra gañadora dos Premios SELIC 2019

08/01/2021

A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, presentou hoxe a publicación "Caracois de Belvís", obra gañadora dos segundos Premios SELIC de creación literaria (2019), que a súa autora, Lupe Gómez, define como un mapa poético de Compostela. O libro, do que se editaron mil exemplares, pódese solicitar no Teatro Principal e está previsto que se reparta tamén en bibliotecas e Centros Socioculturais.

Ler máis

FESTAS

Os Reis Magos chegan a Santiago para recibir os nenos e nenas composteláns en Bonaval

05/01/2021

Este 5 de xaneiro foi diferente ata para os Reis Magos, que tamén tiveron que cumprir coas restricións para a contención da pandemia. No canto de saudar os nenos na tradicional cabalgata polas rúas da cidade, as súas Maxestades de Oriente recibiron os cativos e cativas de Compostela na Igrexa de Bonaval. Tamén se achegaron o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

O Concello recorda, con sendas ofrendas florais, as figuras de Valle-Inclán e Isaac Díaz Pardo

05/01/2021

O cemiterio de Boisaca acolleu hoxe as ofrendas florais do concello de Santiago ao escritor e dramaturgo Ramón María del Valle Inclán; e ao polifacético galeguista Isaac Díaz Pardo. Os dous faleceron un 5 de xaneiro. O primeiro, do ano 1936 e o segundo, de 2012. A primeira tenente de alcalde, Mercedes Rosón, recordou que "esta homenaxe a Valle-Inclán responde a un acordo plenario do Concello de Santiago de 1985", a proposta do entón concelleiro Luis Pasín. "Estamos aquí", engadiu, "para non...

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde salienta o desbloqueo e o avance en catro proxectos "fundamentais" para a cidade nun 2020 marcado pola COVID-19

04/01/2021

A pesar da "complexa situación" provocada pola pandemia, Xosé Sánchez Bugallo destacou que neste 2020 se deron "pasos importantísimos" e se desbloqueron catro grandes infraestruturas: o Orbital, a Edar, a construción da estación do AVE e as obras da Intermodal, ás que se suma a posta en marcha da administración electrónica. O alcalde fixo repasou en rolda de prensa deste 2020 marcado pola COVID no que o Concello "realizou un esforzo sen precedentes" coa posta en marcha de sendos programas no...

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno Local aproba o convenio a subscribir entre ACUAES, Augas de Galicia e o Concello de Santiago para a execución e explotación da EDAR da Silvouta

04/01/2021

A Xunta de Goberno Local aprobou o convenio a subscribir entre a Sociedad Mercantil Estatal Aguas de las Cuencas de España (ACUAES), a Entidade Pública Empresarial Augas de Galicia e o Concello de Santiago de Compostela para a execución e explotación da nova estación depuradora de augas residuais de Silvouta. O investimento estimado será, segundo explicou o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, de 56.280.000 euros. Está previsto que a EDAR entre en funcionamento no ano 2026.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Preséntase o libro "Isaac Díaz Pardo. Memoria do compromiso", unha biografía do polifacético autor escrita por Xosé Ramón Fandiño

04/01/2021

A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, presentou o libro "Isaac Díaz Pardo. Memoria do compromiso", xunto ao seu autor, Xosé Ramón Fandiño. Editado polo Concello de Santiago, cunha primeira tirada de mil exemplares, achega o lector á biografía do polifacético galeguista. Un traballo rigoroso, segundo a concelleira, que se elaborou durante o centenario do nacemento de Díaz Pardo e que se presenta cando están a piques de cumprirse os 9 anos do seu falecemento, ocurrido un 5 de xaneiro de 2012.

Ler máis

ANO SANTO

O Ano Santo Compostelán de 2021 prolongarase durante todo o 2022, segundo anunciou o Nuncio do Vaticano en España

31/12/2020

Ás cinco da tarde quedaba aberta a Porta Santa da Catedral, marcando a apertura do Ano Santo Compostelán, nunha cerimonia solemne na que estivo presente o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, que actuou como Delegado Rexio, e a ministra de Traballo, Yolanda Díaz, entre outras autoridades. Ao remate, Bernardito Cleopas Auza, Nuncio Apostólico en España, anunciou que o Ano Santo 2021 prolongarase durante todo o 2022 por mor da pandemia de covid-19.

Ler máis

COMERCIO

A tenda De Cotío álzase co primeiro premio do Concurso de Escaparates de Nadal

29/12/2020

O xurado do concurso de escaparatismo de Nadal, reunido telematicamente o luns 21 de decembro, emitou o seu fallo tras valorar os 15 escaparates finalistas. Tamén comprobou o resultado da votación popular realizada a través da páxina en Facebook de Comercio Santiago. O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, visitou esta mañá o escaparate gañador do premio do xurado.

Ler máis
Compartir: