ALCALDÍA
O período medio de pago do Concello de Santiago descende, en decembro, ata os 16,97 días
O período medio de pago no mes de decembro, foi, segundo destacou o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno, de 16,97 días: "o mellor PMP desde xuño de 2015", cando se situou en 16,34 días. Un dato "positivo" que, explicou, "mellora os 27 días do mes de novembro.
EDUCACION
A Rede de Escolas Infantís Municipais celebra o entroido
Os nenos e nenas da Rede de Escolas Infantís Municipais celebraron, nun ambiente festivo e con distinta actividades, un Entroido atípico. Este ano a gran diferenza foi que as familias non puideron asistir, por mor das restricións impostas debido a COVID, pero iso non impediu que que as festas se desenvolveran con normalidade nas E.I.M. de Conxo, das Fontiñas e de Meixonfrío-Salgueiriños.
IGUALDADE
Minuto de silencio polas dúas últimas vítimas mortais de violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio polas dúas últimas mulleres asasinadas en Sestao (Biskaia) e en Maxadahonda (Madrid), vítimas da violencia machista.
ALCALDÍA
O alcalde constata a evolución positiva das cifras de covid no municipio pero salienta que "aínda seguen sendo moi preocupantes"
Xosé Sánchez Bugallo, no repaso semanal á actualidade municipal, confirmou a "evolución claramente positiva" dos casos de covid na cidade e salientou que esta baixada, ademais, se está producindo desde o luns a un ritmo máis rápido que nos días anteriores.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno Local acorda a execución forzosa das medidas de seguridade requeridas para as persoas e bens, ante a situación na que se atopa o muro do Pombal
A Xunta de Goberno Local, reunida hoxe en sesión extraordinaria, baseándose nos informes técnicos emitidos con relación ao colapso e situación do noiro de remate da finca localizada na rúa do Campo do Cruceiro do Gaio, acordou a execución forzosa das medidas de seguridade requeridas para as persoas e bens, dada a situación actual de perigo no muro do Pombal e da urxente necesidade de acometer obras para solventala. Hoxe mesmo se produciu un novo desprendemento.
CIDADES PATRIMONIO
O Grupo de Cidades Patrimonio aproba a elaboración dunha guía gastroturística
A Comisión Executiva do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade reuniuse hoxe de forma telemática baixo a presidencia do alcalde de Mérida, Antonio Rodríguez Osuna, para impulsar novas iniciativas de promoción turística a partir do mes de maio. Tamén participou o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, trala incorporación de Santiago á executiva.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Últimos días para inscribirse nas actividades do Entroido 2021 da Rede de CSC e no concurso fotográfico "O disfrace invisible"
O 16 de febreiro péchase o prazo para inscribirse no "Concurso de disfraces en Rede" posto en marcha pola concellaría de Centros Socioculturais; e tamén ao concurso fotográfico "O disfrace invisible", no que colabora o Concello a través dos departamentos de Acción Cultural e de Festas.
TURISMO
Os Xenerais da Ulla celebran o Entroido a través de Internet
O Entroido dos Xenerais da Ulla é a única Festa declarada de Interese Turístico de Galicia que abrangue máis dun concello, en concreto oito concellos da Comarca da Ulla.
MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ
Os Bombeiros de Santiago realizaron o ano pasado máis de 1850 intervencións
O concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, e o xefe do Servizo de Extención de Incendios e Salvamento de Santiago de Compostela, Manuel Sanmartín, deron conta en rolda de prensa da memoria de actividades do corpo durante o pasado ano 2020.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno Local aproba a presentación da candidatura de Santiago á convocatoria de renovación da Distinción Cidade da Ciencia e a Innovación
A Xunta de Goberno Local, reunida hoxe en sesión extraordinaria, aprobou a presentación da candidatura do Concello de Santiago de Compostela á convocatoria de renovación da Distinción Cidade da Ciencia e a Innovación aprobada na Resolución da Secretaría Xeral de Innovación de 26 de novembro de 2020.