POLÍTICAS SOCIAIS

Xuntanza coa Asociación de pais de persoas con discapacidade intelectual de Santiago

18/02/2021

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, reuníronse esta mañá no Pazo de Raxoi cos representantes da Asociación ASPAS para abordar os asuntos que afectan á entidade. Por parte de asociación asistiron á xuntanza a súa presidenta, María Encarnación Montero Luces, e o xerente, Javier García Sánchez.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Máis de 1.500 persoas seguiron a campaña 'Compostela Somos Cultura' na súa primeira edición

17/02/2021

Durante os tres meses que a campaña online de promoción da vida cultural de Compostela e comarca 'Compostela Somos Cultura' estivo en funcionamento, máis de 1.500 persoas seguiron as súas diversas redes sociais. Ademais, preto de 600 participaron nos diferentes sorteos que se celebraron durante a mesma e foron case 6.000 as visualizacións dos vídeos lanzados. Desde a organización posta en marcha pola Oficina de Promoción Económica dependente de Alcaldía do Concello de Santiago de Compostela e desenvolvida pola...

Ler máis

POLÍTICAS SOCIAIS

Reunión con Cáritas Interparroquial

17/02/2021

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, reuníronse esta mañá con Cáritas Interparroquial para coñecer de primeira man as necesidades e demandas do colectivo.

Ler máis

MOCIDADE

O Centro Xove incorpora novos cursos á actual oferta formativa na que xa hai máis de 100 persoas inscritas

16/02/2021

O Centro Xove da Almáciga acaba de incorporar un novo curso á súa oferta formativa, "Laboratorio de guitarra 2"; e está previsto que nos próximos días se sume outro máis relacionado coas artes escénicas. A programación para este ano contempla 2.064 horas de formación, fronte ás 690 impartidas en 2020; ás 482 de 2019 ou as 496 horas programadas en 2018.

Ler máis

URBANISMO

A Comisión Asesora do Patrimonio Histórico informa favorablemente as obras de restauración da fachada da rúa Fonseca da Catedral de Santiago

16/02/2021

A Comisión Asesora do Patrimonio Histórico, presidida pola concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, informou favorablemente, entre outros asuntos, as obras de restauración da fachada da rúa Fonseca da Catedral, solicitadas pola Fundación Catedral de Santiago. Os traballos contan cun orzamento de execución material de 130.829,85 euros.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

O Festival Atlántica 2021 de narración oral adíase ata o verán

16/02/2021

A situación sanitaria obriga a pospoñer a novena edición ata o verán para se poder desenvolver en condicións de seguridade. Así e todo, o vindeiro 20 de marzo está prevista a celebración do Día Internacional da Narración Oral con actividades por toda Galicia.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno Local aproba a ampliación do prazo de renovación das autorizacións de venda ambulante e as bases do XIV Premio Compostela para Albums Ilustrados

15/02/2021

A Xunta de Goberno Local aprobou ampliación do prazo de presentación de solicitudes de renovación anual das autorizacións para o exercicio da venda ambulante na vía pública polo periodo que vai dende o 15 de febreiro de 2021 ata o 15 de maio de 2021. As persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes, acompañadas da documentación esixida polo Regulamento de Venda Ambulante que inclúe a autoliquidación da taxa correspondente (Ordenanza Fiscal 3.24 ), un trámite que poden realizar na Oficina de...

Ler máis
Compartir: