ALCALDÍA
Nota aclaratoria sobre solicitudes de información dos Grupos Municipais
O exercicio do dereito á información para a función de fiscalización e control da acción de goberno regúlase no artigo 18 do "Regulamento Orgánico Municipal do Pleno do Concello de Santiago de Compostela".
DEPORTES
Santiago acolle o vindeiro sábado a celebración do Campionato Galego Infantil de kárate
O próximo sábado, 20 de marzo, o pavillón do Restollal acollerá a celebración do Campionato Galego Infantil da tempada 2020-2021, no que colabora o Concello de Santiago, coa participación de deportistas das categorías benxamín (ata 7 anos), alevín (8 e 9 anos), infantil (10 e 11 anos) e xuvenil (12 e 13 anos).
TURISMO
Un paseo pola cidade permitirá atopar tesouros sonoros da música tradicional
Turismo de Santiago colabora co evento "O que non se escribe. Arquivos sonoros e creación contemporánea" na organización dun Paseo Sonoro por diferentes puntos da cidade nos que atopar tesouros musicais, que se poderán escoitar do 24 de marzo ao 4 de abril.
PLENO
O Pleno aproba inicialmente o proxecto de orzamentos para 2021
Na sesión extraordinaria do Pleno da Corporación, celebra hoxe, na que se votaba unha cuestión de confianza vinculada á aprobación das contas e cadro de persoal para este ano, o punto quedou aprobado co seguinte resultado: a favor, grupo municipal socialista; en contra, grupo popular; Compostela Aberta e BNG abandonaron o pleno trala primeira intervención, o que equivale a abstención, segundo o artigo 100 do Regulamento de organización, funcionamiento e réxime xurídico das entidades locais (ROF).
DEPORTES
O Auditorio acollerá o luns 22 a gala de entrega dos Premios Santiago Deporte
Os V Premios Santiago Deporte terá a súa gala o vindeiro luns, 22 de marzo. Na cerimonia, que comezará ás 19.30 h horas, entregaranse os galardóns das 12 categorías desta edición, que teñen como obxectivo fundamental recoñecer publicamente as persoas, entidades, centros educativos e empresas que polo seu labor desenvolvido ao longo da tempada 2019/20 ou no ano 2020 contribuíron ao fomento da práctica de actividade física e o deporte entre a poboación de Compostela.
ACCION CULTURAL
Compostela Rupestre avanza na promoción da riqueza arqueolóxica dos concellos de Teo, Ames, Santiago de Compostela, Brión e Val do Dubra
A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, participou na xuntanza do consello directivo de Compostela Rupestre, á que tamén asistiron o vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, e o deputado de Patrimonio, Xosé Luís Penas, e os representantes dos concellos de Teo, Ames, Brión e Val do Dubra, que tamén forman parte da entidade, xunto a Santiago de Compostela. No marco da xuntanza, mostrouse o vídeo promocional da riqueza arqueolóxica do territorio e aprobouse o desenvolvemento da...
URBANISMO
A Comisión Asesora do Patrimonio Histórico informa favorablemente o plan de actuación para o desenvolvemento do sistema de alumeado ornamental Cromalux
A Comisión Asesora do Patrimonio Histórico, presidida pola concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, informou favorablemente, entre outros asuntos, a solicitude de aprobación do "Plan Actuación para o desenvolvemento dun sistema de alumeado ornamental para a conservación do patrimonio (Cromalux)", que está a desenvolver a sociedade Televés, en colaboración coa USC e a empresa Ferrovial para unha instalación piloto de iluminación da fachada da Casa do Cabido no marco do proxecto Smartiago.
ACCIÓN CULTURAL
O festival ‘Alguén que respira’ readapta o seu calendario ás circuntancias da pandemia e esténdese ao longo do 2021 en catro xornadas que se celebrarán cada día 21 de solsticio e equinoccio
A inauguración terá lugar no Teatro Principal o 21 de marzo, Día Mundial da Poesía, cun manifesto de Manuel Rivas e unha panorámica de poetas peninsulares que viven a primavera creativa. O programa completo foi presentado esta mañá en rolda de prensa pola concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; e o director do festival, Antón Lopo.
SEGURIDADE CIDADÁ
A Policía local detecta só seis infraccións no uso do cinto tras controlar máis de mil vehículos
Na semana do 8 ao 14 de marzo, a Policía local de Santiago, dentro da campaña de controis da Dirección Xeral de Tráfico, vixiou nas estradas e vías compostelás o uso do cinto por parte dos condutores e acompañantes, así como o correcto emprego dos sistemas de retención infantil.
TURISMO
Reunión coa Asociación Hostelería Compostela para estudar as bases da nova convocatoria de axudas ao sector
O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, reuniuse hoxe cunha representación da Asociación Hostelería Compostela; encabezada pola súa presidenta, Sara Santos. No encontro estudáronse e valoráronse as bases da nova convocatoria de axudas destinadas ao sector, a terceira que pon en marcha o Concello de Santiago desde que comezou a crise sanitaria, hai agora un ano.