PLENO
O Pleno aproba inicialmente o regulamento do Consello municipal de persoas maiores
Na súa sesión ordinaria do mes de marzo, o Pleno do Concello aprobou inicialmente o regulamento do Consello municipal de persoas maiores.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo preside a entrega dos premios "Coñece o teu Concello", organizado por La Voz de Galicia
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo presidiu esta tarde o acto de entrega dos premios de redacción e debuxo "Coñece o teu Concello", organizado por La Voz de Galicia, e que conta coa colaboración do Concello e da Deputación da Coruña. Ao concurso presentáronse centos de traballos procedentes dos 25 municipios da contorna de Compostela.
SEGURIDADE CIDADÁ
O Concello denunciará a quen subtraia flores e plantas dos parques e xardíns da cidade
Os parques e xardíns da cidade comezan a lucir máis coloridos coa chegada da primavera e, aínda que o espazo público é de todos, o Concello lembra que ningúen pode apropiarse das plantas e flores que adornan as zonas verdes municipais.
EDUCACIÓN
O Concello de Santiago destinará máis de 60.000 euros a actuacións de conservación e reparación en distintos colexios durante Semana Santa
O concelleiro de Educación, Rubén Prol, presentou a proposta de obras que está previsto acometer durante Semana Santa en distintos colexios públicos de Santiago. Son actuacións de conservación, reparación e pequena reforma, que afectarán a 7 centros e que contan cun orzamento de 62.116,59 euros.
ACCIÓN CULTURAL
O proxecto "Os nosos instrumentos, hoxe" permitirá, dun xeito didáctico, achegar a música tradicional aos centros de ensino
A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, acompañada do director da Banda de Música de Santiago, Casiano Mouriño; e do músico intérprete e mestre de instrumentos populares, Suso Vaamonde; presentou "Os nosos instrumentos, hoxe"; un proxecto didáctico que, sinalou "nos vai permitir recuperar e aprender das nosas raíces musicais".
TURISMO
Xa se pode percorrer o paseo polos tesouros sonoros da música tradicional
O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, a Xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, e a organizadora das Xornadas de "O que non se escribe. Arquivos sonoros e creación contemporánea", Ainara Cuétara, inauguraron o Paseo Sonoro por diferentes puntos da cidade nos que atopar tesouros da música tradicional galega, que se poderán escoitar ata o 4 de abril.
CIDADES PATRIMONIO
O alcalde asistirá o vindeiro sábado 27 á Asemblea xeral das Cidades Patrimonio da Humanidade de España
A Asemblea Xeral do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España (GCPHE), máximo órgano de goberno da entidade, terá lugar na cidade de Salamanca o vindeiro sábado 27 de marzo. Asistirá o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo.
ACCIÓN CULTURAL
O Auditorio de Galicia abre a exposición 'Solovki_Juan Manuel Castro Prieto e Rafael Trapiello'
Esta mañá presentouse na sala de prensa do concello de Santiago de Compostela a nova proposta expositiva do Auditorio de Galicia baixo o nome 'Solovki_Juan Manuel Castro Prieto e Rafael Trapiello'; acompañaban á concelleira de Acción Cultural Mercedes Rosón a comisaria da mostra Alicia Ventura, o director - xerente do Auditorio de Galicia Xaquín López e, entraron en liña, os autores das fotografías Juan Manuel Castro Prieto e Rafael Trapiello.
ALCALDÍA
A Xunta de voceiros acorda o destino dos 5 millóns de euros pendentes de asignación do remanente de 2020
A Xunta de voceiros, reunida esta mañá, acordou o destino dos 5 millóns de euros do remanente de 2020 pendentes de adxudicar. Deste xeito, 3,5 millóns destinaranse a axudas para os sectores máis prexudicados pola pandemia, e o resto a investimentos.
ACCIÓN CULTURAL
A Mostra Internacional de Cinema Etnográfico presenta a programación completa da súa 16ª edición
Hoxe presentouse no Museo do Pobo Galego a 16ª edición da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico, na que colabora o Concello, e que terá lugar do 6 ao 10 de abril en Santiago. No acto estiveron presentes a vicepresidenta do Padroado do Museo do Pobo, Concha Losada; á concelleira responsable de Acción Cultural de Santiago de Compostela, Mercedes Rosón; Jacobo Sutil, director da Agadic; Xurxo Couto, deputado responsable da Área de Cultura da Deputación da Coruña; e Ana Estévez, directora da MICE.