TURISMO
A web de Turismo de Santiago informa dos hoteis abertos nesta Semana Santa
Turismo de Santiago informa na súa web da oferta aloxativa aberta na cidade durante o periodo vacacional de Semana Santa. A páxina web da entidade de promoción turística municipal conta cun buscador de aloxamentos por tipoloxía na que se inclúe unha referencia sobre aqueles que estarán abertos durante estes días.
POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS
Os obradoiros escolares de Enreguéifate chegarán a máis de 600 alumnas e alumnos de oito centros escolares
O concelleiro de Políticas Lingüísticas, Rubén Prol, presentou o certame de Enreguéifate e os obradoiros escolares, que chegarán a máis de 600 alumnos e alumnas de oito centros escolares de primaria e secundaria. Aos colexios e institutos acudirán, por parellas, Lupe Blanco, A Rabela e Josiño da Teixeira, que forman parte do movemento de renovación do xénero da regueifa.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
A rede de Centros Socioculturais convoca un concurso de carteis para o programa "Vive o verán 2021"
A concellaría de Centros Socioculturais acaba de convocar o concurso de carteis para o programa "Vive o verán 2021" da Rede de Centros Socioculturais do Concello de Santiago. Trátase de elixir, mediante o voto das compostelás e composteláns, a través das redes sociais, o cartel da campaña. O prazo de recepción de traballos ábrese o 5 de abril, ás 10:00 h. e finaliza o xoves, 29 de abril, ás 20:00 h.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno local aproba o proxecto técnico de rehabilitación do interior da Casa das Máquinas
A Xunta de Goberno Local, reunida hoxe en sesión ordinaria, aprobou, entre outros asuntos, o proxecto técnico de rehabilitación do interior do edificio denominado "Casa das Máquinas", na rúa de Galeras. O orzamento total do proxecto, IVE incluído é de 166.909,43 euros; e conta cun prazo de execución previsto de 6 meses.
CIDADES PATRIMONIO
As Cidades Patrimonio marcan en Salamanca o punto de partida para a recuperación turística
A cidade de Salamanca acolleu hoxe a celebración da Asemblea Xeral do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España (GCPHE) que marca o punto de partida para a recuperación turística, á que asistiu a primeira tenente de alcalde de Santiago, Mercedes Rosón.
DEPORTES
O alcalde celebra que La Vuelta 2021 remate en Santiago
Xosé Sánchez Bugallo asistiu esta mañá á presentación das etapas de La Vuelta 2021 que transcorrerán por Galicia, entre elas, a crono final, que arrancará en Padrón e rematará na capital galega.
DEPORTES
Santiago de Compostela acolle esta fin de semana tres campionatos de España de loitas olímpicas
O pavillón municipal de Santa Isabel, acollerá o sábado 27 e domingo 28 de Marzo, tres campionatos de España de loita nas tres modalidades olímpicas: loita feminina, loita libre olímpica e loita grecorromana. Presentárono esta mañá a concelleira de Deportes, Esther Pedrosa; Miguel Ángel Sierra, vicepresidente da Federación Española de Loitas Olímpicas e Pablo Rubén Pintos, responsable do campionato.
MEDIO AMBIENTE
Santiago de Compostela súmase este sábado á "Hora do Planeta" cun apagón nos edificios municipais
O Concello de Santiago, a través da concellería de Medio Ambiente, súmase mañá, 27 de marzo, á "Hora do Planeta", unha iniciativa de concienciación ambiental que se celebra sempre o último sábado do mes de marzo. Entre as 20:30 e as 21:30 h, os edificios municipais apagarán as súas luces.
POLÍTICAS SOCIAIS
O Concello de Santiago estuda ceder un local á Asociación Paluso
O concello de Santiago estuda ceder un local á Asociación Paluso no que ubicar o equipamento de que dispón a entidade e no que poida atender as solicitudes de axuda que está recibindo. Asegurouno o alcalde compostelán, despois da reunión mantida coa responsable da asociación, Chus Iglesias, á que tamén asistiu a concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro.
VENDA AMBULANTE E ACTIVIDADES NA VÍA PÚBLICA
Nota aclaratoria sobre a normativa de venda ambulante e de actividades artísticas na vía pública
O Concello de Santiago conta con dúas normativas diferenciadas que establecen as condicións nas que se poden desenvolver a venda ambulante, por un lado, e a actividade artística na rúa, por outro, ambas aprobadas en 2013.