CONCELLO
O Concello de Santiago prorroga a autorización de instalación de postos no mercado dos sábados de Fontiñas
O Concello de Santiago vén de prorrogar, con data 9 de abril, a autorización ás persoas titulares de licenzas de venda ambulante do mercado de Salgueiriños para a continuación da instalación dos postos no mercado dos sábados, na rúa París.
ALCALDÍA
O alcalde de Santiago e o ministro de Transportes asinan o protocolo para o desenvolvemento e impulso dos obxectivos da Axenda Urbana
O salón vermello do Pazo de Raxoi acolleu esta tarde a sinatura do protocolo entre a Secretaría xeral de Axenda Urbana e Vivenda do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, e o Concello de Santiago no que se recolle a colaboración entre ambas entidades para a realización dun Plan de acción por parte da entidade municipal que sirva de proxecto piloto para outros municipios no ámbito da Axenda Urbana Española. No acto estiveron presentes o ministro José Luis Ábalos; o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo; o...
ALCALDÍA
Adif sacará a licitación nas vindeiras semanas a ampliación e mellora da estación ferroviaria de Santiago
O ministro de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, José Luis Ábalos, anunciou no Pazo de Raxoi que Adif licitará nas próximas semanas as obras de ampliación e mellora da estación do AVE sen que a cláusula que condicionaba a devandita obra á consecución dos 3,5 millóns de viaxeiros supoña un límite.
CIDADES PATRIMONIO
O Grupo de Cidades Patrimonio avanza en estratexias comúns para homoxeneizar a sinalización Patrimonio Mundial
Equipos técnicos das 15 Cidades Patrimonio da Humanidade de España definiu hoxe un manual de boas prácticas para lograr que a sinalización Patrimonio Mundial nos centros históricos das 15 cidades se adapten a unha imaxe similar, accesible e co logotipo da UNESCO e do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade en todos os soportes.
POLÍTICAS SOCIAIS
O Concello súmase á celebración do Día Internacional do Pobo Xitano
A concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, acompañada por Isabel Suárez Carballo e Lorena Moreno Jiménez, da Fundación Secratario Xitano, deu lectura ao manifesto institucional en conmemoración do Día Internacional do Pobo Xitano, que tamén se celebra coa colocación da bandeira, co canto do himno Gelem, Gelem, e coa cerimonía do Río.
EDUCACIÓN
Continúa aberto o prazo de solicitude de praza nas escolas infantís municipais ata o 16 de abril
A Xunta de Goberno Local do 22 de febreiro do 2021 aprobou o calendario de prazos de solicitude de ingreso nas escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas e Salgueiriños-Meixonfrío. Os impresos e a documentación de solicitude de praza deben presentarse entre o 16 de marzo e o 16 de abril (inclusive).
ALCALDÍA
O alcalde reúnese con Salvador Domato, director do Arquivo Histórico Diocesano e párroco da Corticela
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu hoxe a Salvador Domato, director do Arquivo Histórico Diocesano e párroco de Santa María a Antiga da Corticela. Segundo explicou o rexedor, no encontro "repasamos as obras desenvolvidas na capela e as novas actuacións necesarias para a recuperación dun espazo moi querido pola cidadanía de Compostela".
CIDADES PATRIMONIO
As Cidades Patrimonio asinan con Paradores a promoción conxunta en Madrid, Sevilla, Lisboa e París
O presidente do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade e alcalde de Mérida, Antonio Rodríguez Osuna, asinou hoxe un convenio de colaboración co presidente de Paradores, Óscar López, para desenvolver accións de promoción turística conxunta a partir dos meses de maio e xuño, dirixidas a mercados estratéxicos nacionais, como Madrid e Sevilla, e tamén internacionais, como París e Lisboa, no marco dunha campaña que continuará no outono e inverno en Asia e Estados Unidos.
RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
O Fondo Galego, do que forma parte o concello de Santiago, cofinancia catro proxectos de ONGD galegas en Centroamérica e na India
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade cofinanciará cun total de 99.813 euros catro proxectos de ONGD galegas na India, Nicaragua, El Salvador e Guatemala. A Asemblea Xeral da asociación de concellos e deputacións, da que forma parte o concello de Santiago, resolveu esta mañá a convocatoria de axudas, á que se presentaron doce propostas centradas en dez países. No encontro virtual, que se celebrou coincidindo co Día Mundial da Saúde, tamén se fixo balance dun 2020 marcado pola pandemia e aprobouse por...
URBANISMO
A Comisión Asesora do Patrimonio Histórico dá o visto bo á novena fase do despregamento de fibra óptica
A Comisión Asesora do Patrimonio Histórico, presidida pola concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, emitiu informe favorable, entre outros asuntos, sobre a novena fase do proxecto de infraestutura de telecomunicacións para o despregamento de Rede FTTH Orange/Jazztel na cidade histórica de Santiago de Compostela. Fase 9, que conta cun orzamento de execución material de 38.905,10 euros.