XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno Local aproba a licitación de dous programas de investigación e desenvolvento sobre mobilidade do proxecto Smartiago

15/06/2021

A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria, aprobou hoxe dous expedientes de contratación no marco do proxecto Smartiago. Os dous están relacionados con servizos de investigación e desenvolvemento: o primeiro con algoritmos avanzados de mobilidade, e o segundo con vehículos eléctricos autónomos modulares.

Ler máis

POLÍTICAS SOCIAIS

A praza do Obradoiro acolle a lectura do manifesto con motivo do Día Nacional das Linguas de Signos Españolas

14/06/2021

Hoxe, 14 de xuño, celébrase o Día Nacional das Linguas de Signos Españolas e con tal motivo deuse lectura a un manifesto na praza do Obradoiro nun acto organizado pola Asociación de Persoas Xordas de Santiago de Compostela ao que asistiron o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; a concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro; a voceira do BNG, Goretti Sanmartín; a concelleira de CA María Rozas; e o concelleiro do grupo municipal popular José Antonio Constenla.

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde participa na I edición da CompostelEmma

14/06/2021

O Colexio Emma, situado na rúa da Virxe da Cerca, convidou o alcalde compostelán e o concelleiro de Educación, Rubén Prol, a participar na I edición do seu particular Camiño de Santiago e o obter a "CompostelEmma".

Ler máis

MEDIO RURAL

Visita á rúa Santa Teresa Jornet, onde se investiron 175.000 euros na primeira fase de rexeneración do firme

12/06/2021

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Medio Rural, José Manuel Pichel, visitaron hoxe o remate das obras de "Rexeneración e reforzo estrutural do pavimento da calzada da Rúa de Santa Teresa Jornet (1ª fase)" na parroquia de Bando. A actuación tivo un orzamento de adxudicación de 174.982 euros e un prazo de execución de catro meses.

Ler máis
Compartir: