POLÍTICAS SOCIAIS E IGUALDADE

Máis de 230.000 euros para distintas entidades sociais

28/07/2021

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asinou esta mañá os convenios de colaboración para 2021 coas seguintes entidades sociais: FEAFES (60.000 euros), Don Bosco (5.000 euros), ASPANAES (3.000 euros), Fundación Andrea (3.000 euros), Fundación Down Compostela (10.000 euros) e Caritas Diocesana, con quen se asinaron dous convenios, un correspondente á Concellería de Políticas Sociais (120.000 euros) e outro á de Igualdade (30.000 euros). Estiveron presentes no acto as concelleiras Mila Castro e Mercedes...

Ler máis

CONSORCIO

Un centro loxístico robotizado, que evitará a entrada de vehículos pesados na cidade histórica, unha das prioridades inmediatas da estratexia do Consorcio ata o 2032

27/07/2021

O presidente do Consorcio de Santiago e alcalde da cidade, Xosé A. Sánchez Bugallo, acompañado do vicepresidente e conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e da xerente do organismo interadministrativo, Belén Hernández, presentaron esta mañá as principais liñas da "Proposta estratéxica plurianual do Consorcio de Santiago para o período 2021-2027-2032", refrendada o domingo polo Real Padroado, na que tamén se recolle a creación dun Polo de...

Ler máis

TURISMO

Turismo de Santiago atendeu 4.500 consultas na semana do Apóstolo, o maior número semanal dende outubro do 2019

27/07/2021

O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, acompañado da xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, fixo unha valoración da evolución da temporada de verán ata o de agora, centrándose en especial nos bos datos das Festas do Apóstolo, e as previsións positivas que se manexan dende Turismo de Santiago cara aos vindeiros meses, que indican que Santiago recibirá en xullo arredor de 25.000 peregrinos, a mellor cifra dende finais da temporada de verán do 2019.

Ler máis

POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS

O departamento de Lingua Galega programa para agosto "Territorio Xogantín" e "Contos no parque", dúas actividades lúdicas dirixida ao público infantil

27/07/2021

O concelleiro de Políticas Lingüísticas, Rubén Prol, presentou hoxe dous programas que teñen como obxectivo a socialización en galego dos nenos e nenas, a través de distintas actividades lúdicas, todas elas de balde. Son "Territorio Xogantín", destinado a menores de entre 6 e 10 anos; e "Contos no parque", para a cativada de 3 a 6 anos.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno Local aproba o expediente de clausura do vertedoiro de Aríns e o acondicionamento das novas oficinas da concellaría de Medio Rural, no recinto feiral de Amio

26/07/2021

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe o expediente denominado "Execución do proxecto de adecuación, selado e clausura do vertedoiro de Aríns", e a apertura do procedemento de adxudicación baixo a modalidade de aberto simplificado, establecéndose un tipo de licitación de 1.174.591,42 euros.

Ler máis
Compartir: