IGUALDADE
Intervención artística "Cuestión de Xénero", de Luz Darriba, para dicir NON + TRATA, mañá na Alameda
Mañá, 25 de setembro, terá lugar na Alameda de Santiago, a intervención artística "Cuestión de Xénero", no marco da semana "Trátase de NON + TRATA", que se desenvolve entre o 23 e o 30 de setembro, organizada pola Rede de artistas, docentes e ativistas feministas e abolicionistas da Arxentina, con motivo da conmemoración do "Día Internacional contra o Tráfico de mulleres e nenas para a súa explotación sexual", instaurado pola UNESCO todos os 23 de setembro.
MOBILIDADE
A nova estación de autobuses acolle a exposición "Pola túa saúde, móvete de xeito sustentable"
Con motivo da Semana Europea da Mobilidade, a nova estación de autobuses acolle unha exposición baixo o lema "Pola túa saúde, móvete de xeito sustentable", organizada polo Concello de Santiago e a Asociación Cívica Composcleta.
URBANISMO
O 5 de outubro finaliza o prazo para presentarse ao proxecto de acondicionamento exterior do castelo da Rocha Forte
O próximo 5 de outubro, ás 23:59 h. finaliza o prazo para presentarse ao proxecto de acondicionamento exterior do castelo da Rocha Forte. O concello de Santiago de Compostela sacou a concurso a licitación das obras, a través dun procedemento aberto simplificado, por importe de 292.168 euros; e un prazo de execución de 3 meses.
MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ
Máis de 4.700 vehículos controlados e 83 denuncias na última campaña da Policía Local de control das distraccións ao volante
A Policía Local participou entre o 16 e o 22 de setembro nunha nova campaña especial de vixilancia da Dirección Xeral de Tráfico, desta vez centrada nas distraccións na condución. Os/as axentes controlaron 4.764 vehículos, cun total de 83 denuncias, o que supón o 2% do total de automóbiles inspeccionados.
ACCIÓN CULTURAL
Curtocircuíto 2021: revisando as artes desde o teórico ata o visceral
Curtocircuíto – Festival Internacional de Cine celebrará a súa 18ª edición do 2 ao 10 de outubro consolidando una programación arriscada e interdisciplinaria que fai de Santiago de Compostela o punto de encontro de todas as artes. Na presentación, realizada hoxe no Concello de Santiago de Compostela, participaron Xosé A. Sánchez Bugallo, alcalde de Santiago; Mercedes Rosón, concelleira de Acción Cultural de Santiago de Compostela; Anxo Lorenzo, secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia; Xurxo Couto, deputado...
COMERCIO
O venres 24 ábrese o prazo para solicitar os bonos "Corazón Compostela", cos que o Concello financia o 40% das compras nos establecementos adheridos ao programa
Mañá, 24 de setembro, ábrese o prazo para que os consumidores/as poidan solicitar os bonos Corazón Compostela, unha iniciativa do Concello de Santiago que ten por obxectivo incentivar a actividade económica mediante o cofinanciamento de bonos para o consumo no comercio e na hostalería local. En total, poranse en circulación 20.000 bonos de 75 euros, 45 achegados pola persoa solicitante (o 60%) e 30, polo Concello (o 40%). Terán validez ata o 10 de decembro. Cada cliente poderá solicitar un único bono. O seu importe irase...
SERVIZOS
O Concello saca a licitación pública os quioscos da Alameda e da praza de Vigo
A concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro, deu conta en rolda de prensa da licitación pública dos quioscos situados no parque da Alameda e na praza de Vigo. As ofertas poderán presentarse a partir de mañá e durante un prazo de 30 días hábiles. Mila Castro estivo acompañada pola directora da Área de Servizos Básicos, Rocío Montañés.
MOCIDADE
A mocidade de Compostela pode desfrutar de balde, ata o 17 de decembro, de Noites Alternas, un programa que busca xerar dinámicas saudables e construtivas entre a xuventude
O concelleiro de Mocidade, Rubén Prol, presentou hoxe o programa Noites Alternas, unha iniciativa de lecer nocturno alternativo destinada á mocidade que ten como obxectivos establecer relacións persoais saudables e construtivas, apoiar a prevención de hábitos de consumo de alcol e drogas e xerar dinámicas críticas, participativas e creativas que poidan reverte en beneficios da xuventude e da sociedade en xeral.
MOBILIDADE
Gonzalo Muiños participa no II Foro de Mobilidade, celebrado na Coruña
O concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muiños, participou onte no II Foro da Mobilidade, organizado pola Mesa da Mobilidade do Concello da Coruña, que tivo lugar no Museo Científico Domus da cidade herculina.
OBRAS
O departamento de Obras do Concello está desenvolvendo máis de 30 actuacións, cun investimento superior aos 10 millóns de euros
Neste momento, o departamento de Obras do concello de Santiago ten en marcha máis de 30 actuacións, cun investimento superior aos 10 millóns de euros. Hoxe, o concelleiro de Obras, Javier Fernández, deu conta das máis importantes. Entre as que están en execución destacou a reurbanizacion da rúa dos Concheiros e a da rúa do Hórreo. E xa no apartado de licitación, resaltou a rehabilitacion do palacete da Finca do Espiño, xa adxudicada, e "a punto de comezar".