ACCIÓN CULTURAL
Santiago acollerá sete concertos da XI edición do festival Peregrinos Musicais e a Gala Laureados
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; o secretario xeral de cultura, Anxo Lorenzo; a directora do festival, Ilona Timchenko; e o director adscrito da Real Filharmonía de Galicia, Maximino Zumalave, presentaron no Museo das Peregrinacións a XI edición deste festival, que arranca o próximo 11 de setembro, e que contará este 2021 con quince citas imprescindibles para os amantes da clásica, ademais da Gala Laureados, na que os sete finalistas desta edición compiten para alzarse co premio final.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Ábrese o periodo de inscrición para cubrir as 500 prazas ofertadas nas distintas actividades programadas polos centros socioculturais do rural
O concelleiro de Medio Rural, José Manuel Pichel, presentou hoxe a programación da rede de Centros Socioculturais para a zona rural, para o periodo comprendido entre o 1 de outubro e xuño de 2022. Ofértanse, aproximadamente, medio millar de prazas para as distintas actividades que se desenvolverán nos 20 espazos socioculturais do rural; ás que se engaden outras 150 nos espectáculos incluidos no Festival Galicreques e no Fegateatro. Este ano, as principais novidades son as actividades de envellecemento activo e de "cultiva o corpo"...
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno adxudica as obras do espazo cuberto de usos múltiples para o barrio de Santa Marta-Choupana
A Xunta de Goberno local deu luz verde á adxudicación das obras para dotar ao barrio de Santa Marta-Choupana dun espazo cuberto de usos múltiples, por importe de algo máis de 122.000 euros, así como ao convenio coa USC para o financiamento do programa de atención bucodental a persoas en risco de exclusión social, segundo informou en rolda o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo.
ALCALDÍA
Recepción a un grupo de nenos e nenas que participan no Verán CampUSC
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu hoxe a unha vintena de nenos e nenas que participan no Verán CampUSC. Un programa organizado pola Universidade de Santiago, no que colabora o Concello a través do departamento de Igualdade, e que ten como obxectivo favorecer a conciliación entre a vida laboral e familiar tanto da comunidade universitaria da USC coma do público xeral durante o período das vacacións escolares.
MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ
Sánchez Bugallo recibe ao novo capitán da Garda Civil, José Antonio Rivero Zobra
O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu esta mañá o novo capitán da Garda Civil de Santiago, José Antonio Rivero Zobra, que substitúe a Luis Nicolas Arroyo. No encontro acompañounos o concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños.
RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
A rede Atlantic Cities, da que forma parte Santiago, insiste na necesidade de priorizar o transporte e as comunicacións no corredor atlántico para favorecer o seu desenvolvemento
O concelleiro de Relacións Institucionais, Sindo Guinarte, asistiu hoxe á Asemblea Xeral de Atlantic Cities, que se celebrou en Viana do Castelo, a cidade que lidera a rede dende o ano 2015. No encontro, presidido polo alcalde desta localidade lusa, José María Costa, escolleuse o novo presidente da entidade, Eneko Goia Laso, rexedor de Donostia/San Sebastián. A xornada pechou coa "Declaración de Viana do Castelo", no que as cidades participantes lembran ás autoridades europeas a necesidade de facer do corredor atlántico un...
MOBILIDADE
Restricións no tráfico por mor da celebración da última etapa de La Vuelta
Con motivo da celebración da última etapa de La Vuelta a España 2021 entre Padrón e Santiago de Compostela o domingo 5 de setembro, as rúas da cidade polas que transcorrerá a carreira masculina quedarán COMPLETAMENTE PECHADAS AO TRÁFICO entre as 14.00 h e as 21.00 horas.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Conxo celebra a súa XXXIV Semana Cultural do 6 ao 11 de setembro
Mañá, luns 6 de setembro, arranca a XXXIV Semana Cultural de Conxo cun extenso programa de actividades que se desenvolverá en varias ubicacións do barrio, como o centro sociocultural, a Carballeira do Banquete, a igrexa ou a nova praza a carón do mosteiro.
ALCALDÍA
Santiago presentará os proxectos de construción dun aparcamento disuasorio e dun centro loxístico de distribución de mercadorías, que suman preto de 7 millóns, ás axudas do Ministerio de Transportes
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, confirmou que o Concello presentará á convocatoria de axudas destinadas á mellora da mobilidade e da modernización do transporte público que pon en marcha o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana dous proxectos "que teñen por obxectivo a mellora da calidade de vida da cidadanía": a construción dun centro loxístico de distribución de mercadorías e dun aparcamento disuasorio, ambos na zona de Meixonfrío. O orzamento global de...
MOBILIDADE
O luns 6 de setembro comeza o horario de inverno na rede de transporte público de Santiago de Compostela
O vindeiro luns, 6 de setembro, ponse en marcha a temporada de inverno nos horarios do servizo de transporte urbano da cidade.